Síguenos en redes sociales:

O espazo da TVG 'Sopa de Festa' mostrará hoxe a tradición galega do pan de Cea

'A revista' conectará en directo coa Audiencia de Pontevedra polo xuízo do parricida de Moraña

Esta noite o programa Sopa de Festa convidará aos espectadores a ver unha das celebracións gastronómicas galegas máis coñecidas. Nesta ocasión, o equipo do programa viaxou ata a localidade ourensá de Cea para compartir e homenaxear un dos manxares máis antigos e de máis tradición en Galicia: o pan de Cea.

Datado do século XIII, este pan, amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, expórtase a todo o mundo desde os 18 fornos que diariamente cocen este alimento. Será precisamente desde un destes fornos, onde hoxe a audiencia coñecerá un poco máis sobre a orixe e a tradición na elaboración deste pan.

Por outra banda, o espazo Larpeiros manterá unha animada conversa sobre cousas pequenas que ás veces resultan ser as máis grandes. Cousas como as noces, os mexillóns, as amoras ou as ameixas e berberechos. Benigno fará un xantar que sorprenderá os seus compañeiros: uns lombos de pescada con salsa de berberechos. A sobremesa correrá, coma sempre, a cargo de Merchi e Leni, que cociñarán un pastel de pavías.

Por último, A revista conectará en directo coa Audiencia Provincial de Pontevedra onde comparecerá David Oubel, coñecido como o parricida de Moraña, pai de dúas nenas de 4 e 9 anos, ás que supostamente matou cunha radial na súa casa de Caldas. Ademais, os reporteiros do programa estarán na praia de Santa Cristina, en Oleiros, para practicar pádel surf.

Pulsa para ver más contenido para ti