A Mostra do Encaixe de Camariñas, protagonista da 'Revista' da TVG
O espazo asistirá tamén a unha comida solidaria con varios chefs con estrela Michelin en favor da Asociación Anxiños
A Revista da Televisión de Galicia (TVG) asistirá hoxe a unha comida solidaria con algúns dos mellores cociñeiros do panorama español. Chefs como Arzak, Martín Berasategui ou Jordi Cruz danse cita en Negreira, onde a Asociación Anxiños racadará fondos para construír un centro para mozos con trastornos psíquicos graves. Na segunda das saídas, o programa estará na Cidade da Cultura de Compostela, visitando a exposición Pensar coas mans. Dende alí. Dende aló, A Revista amosará as últimas novidades da artesanía galega.
E esta semana o protagonismo será para a Mostra de Encaixe de Camariñas. A directora da mostra, Dolores Lema explicará no estudio as actividades que se levarán a cabo nesta vixésimo novena edición. Tamén estará no espazo a directora de B2Fabric, Blanca Gomera e unha palilleira, Rosa Pasantes.
Este martes tamén estarán no estudo as actrices do Malo Será! Marita Martín e Susana Sampedro, que cada mércores xuntan teatro e humor na Televisión de Galicia (TVG). Para rematar, Carlos Roma achegará contidos sobre moda.
Temas
Más en Televisión
-
Así fue la carrera de Ion Aramendi como jugador de baloncesto profesional: "Fui muy feliz"
-
Bon Jovi, en busca del torrente de voz perdido
-
Inmaculada Casal estalla tras filtrarse su declaración ante el juez: "A María del Monte y a mí nos han robado la intimidad"
-
Jordi Cruz se pronuncia tras su última polémica en 'Masterchef' con Tamara: "Estamos haciendo tele"