‘A porta aberta’ achégase hoxe aos profesionais do deseño na TVG2
‘Grazas á vida’ viaxa ata Cervo para coñecer a xubilados da cultura
O deseño está en todas partes. Calquera obxecto, desde un coche a unha cunca, unha chaqueta, o carriño da compra, unha páxina web... está deseñado por alguén, a súa forma non está determinada polo azar. Un profesional do deseño analizou como debería ser ese obxecto, e a partir desta análise estableceu a súa forma. En Galicia existe unha longa tradición no deseño, e hoxe é unha profesión consolidada e moi demandada. Os profesionais desta disciplina agrúpanse na Asociación Galega de Deseño, que hoxe é protagonista da emisión número 40 do programa A porta aberta (TVG2, 21.15 horas).
Neste episodio contan a historia e a actualidade da Asociación Galega de Deseño (DAG): Xosé García, presidente e director de arte e deseñador gráfico; e os socios Uqui Permui, directora de arte, deseñadora gráfica e profesora na USC; Óscar Otero, deseñador web; e María Ramos, deseñadora de tipografías.O deseño está rodeándonos en todos os ámbitos da vida, pero non somos conscientes de que detrás do obxecto hai profesionais que a partir da súa utilidade lle deron forma.Trátase dun traballo que mellora a vida dos cidadáns, polo menos faina máis cómoda. O deseño faise en función, realmente, das necesidades dos que van utilizar os obxectos deseñados.
‘Grazas á vida’
Tamén hoxe na TVG2 emítese ás 17.25 horas o programa Grazas á vida, onde os protagonistas son homes e mulleres que xa pasan da idade de xubilación e polo tanto, cunha importante carga de experiencia, queren recordar o vivido. O programa de Producións Celta viaxa ata Cervo (Lugo) para dar Grazas á cultura. Alí atópase con Lola Viamonte, que deu forma a moitas das pezas de cerámica de Sargadelos durante 40 anos; e con Francisco Piñeiro, mestre na vangarda do ensino en Galicia, narrador, poeta e autor teatral.
Temas
Más en Televisión
-
Alba Carrillo vuelve a cargar contra Feliciano por enésima vez pero Anne Igartiburu le defiende con un elegante zasca
-
Conmoción en 'Supervivientes' por la baja médica de dos concursantes al mismo tiempo: ¿Abandono definitivo?
-
'De Viernes' vivió uno de sus momentos más tensos entre Jaime Ostos y José Antonio León: "Amenazas a la gente"
-
'La Voz Kids' mantiene el liderazgo en Antena 3 ante un 'Adivina qué hago' agonizante en Telecinco