A Asociación de Estudos Galegos critica a política lingüística da Xunta
Craig Patterson opina que o decreto é "perxudicial" para o idioma galego
O presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Craig Patterson, considerou un "erro ético" e "prexudicial para o idioma nativo en Galicia" a proposta de decreto sobre o uso do idioma nas aulas elaborado pola Xunta de Galicia, na que se formula impartir un terzo das materias en galego; outro terzo en castelán; e outro en inglés.
Patterson referiuse á norma proposta polo Executivo galego para destacar que inclúe "un problema metodolóxico" na súa forma. Deste modo, dixo que é "un erro ético e filosófico que un Goberno se expoña a facer este tipo de consulta minúscula -en referencia á enquisa aos pais- sobre unha cuestión tan importante".
Así mesmo, sobre a representación das linguas, Patterson afirmou descoñecer "outros países do mundo en que isto ten lugar", xa que a distribución do peso de cada unha resultará "prexudicial" para a lingua nativa, é dicir, o galego.
Más en Sociedad
-
Sorteo Bonoloto del domingo 19 de mayo de 2024
-
Sorteo de El Gordo de la Primitiva del domingo 19 de mayo de 2024
-
Homenaje a médicos y sanitarios por su labor en la pandemia: “España mostró raudales de solidaridad y empatía”
-
Una nueva manifestación en defensa de la sanidad pública y contra la gestión de Ayuso