A RAG edita un libro con 1.500 apelidos para facilitar a corrección de formas deturpadas
As persoas que desexen normalizar os seus apelidos non precisarán certificados se figuran na listaxe, aínda que a Academia seguirá a emitilos, de xeito gratuito
Bermejo en lugar de Vermello, Corujo por Coruxo, Gestal por Xestal, Villarino por Vilariño ou Rajo por Raxó son só unha pequena mostra das formas deturpadas de apelidos galegos que xurdiron ao longo de cinco séculos. Co propósito de facilitar a restitución das formas correctas, a Real Academia Galega (RAG) acaba de editar Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización, obra que recolle nunha listaxe normalizada 1.500 apelidos que abranguen en conxunto preto do 90% da poboación galega. O libro pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía, mais de maneira especial para o persoal dos xulgados e dos rexistros civís, responsables dos trámites de regularización lingüística dos apelidos. Con este obxectivo, a edición impresa complétase coa dixital, que xa está dispoñible enhttp://academia.gal/publicacions-totais e na intranet da administración de xustiza en Galicia.
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, presentou a obra onte na sede da propia institución acompañado do secretario, Henrique Monteagudo; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, cuxos departamentos apoian a edición e distribución. A académica correspondente Ana Isabel Boullón, coordinadora do equipo que realizou o traballo, dentro do Seminario de Onomástica da RAG, tamén interveu a través dun vídeo por se atopar de estadía de investigación en Reino Unido.
O libro é un avance do dicionario de apelidos galegos no que está a traballar o Seminario de Onomástica da RAG, unha obra que, ademais de incrementar a listaxe, conterá información de tipo etimolóxico ou histórico. Cando estea rematado, "xa non haberá razón ningunha para acometer máis antroponimicidios", salientou Alonso Montero.
Ademais da forma correcta de 1.500 apelidos, seleccionados maioritariamente cun criterio de frecuencia, Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización inclúe un glosario de formas e grafías anómalas coas súas correspondentes formas estándares para facilitar a resolución de dúbidas. "Preténdese, así, avanzar nun aspecto tan importante da normalización lingüística como é o dos apelidos, que nos identifican como persoas e como pobo", resumiu a académica correspondente, quen agarda que o paso dado con esta publicación vaia tamén "acompañado por medidas oficiais que fomenten a recuperación dos nosos apelidos tradicionais".
Trámites
Tras a reforma de 1999, a Lei do rexistro civil, permite mediante un sinxelo trámite, mudar a forma dos apelidos para regularizalos ortograficamente cando a forma inscrita non se adecúe á gramática e á fonética da lingua correspondente. Con esta obra, a institución responsable por lei dos aspectos normativos da lingua galega achega aos rexistros civís un elenco de formas estandarizadas que permitan aos cidadáns e cidadás exercer o seu dereito ao uso da forma correcta do seu apelido, un dereito que non figura explicitamente nas leis, mais que se infire da Lei de normalización lingüística (1983). En diante, este trámite será máis fácil, xa que non será preciso entregar no rexistro unha certificación da Academia no caso dos apelidos incluídos nesta listaxe. A RAG continuará, en calquera caso, expedindo este tipo de documentación, de xeito gratuíto, para aquelas persoas que así o demanden.
Temas
Más en Sociedad
-
Un médico de familia, José Ramón Parada, será el nuevo gerente del Sergas
-
España suspende en salud mental posparto: el 25% de las mujeres sufren trastornos pero no hay unidades especializadas
-
Uno de los grandes mitos de la DGT: ¿Está prohibido conducir con chanclas?
-
Nueva alegría para los jubilados: Así será la subida de las pensiones de aquí a 2027