Diego González Rivas protagoniza hoxe 'O gato con botas' da TVG
Manquiña descubrirá a cara máis descoñecida do cirurxián torácico coruñés, un dos especialistas máis reputados do mundo
O programa O gato con botas da Televisión de Galicia (TVG) pon hoxe rumbo á Coruña, onde estará agardando polo equipo do programa un médico recoñecido como un dos mellores especialistas a nivel mundial: Diego González Rivas, cirurxián torácico.
Relacionadas
De neno contaba chistes e desexaba que ninguén morrese mentres xogaba a ser actor. De nai enfermeira, Diego González Rivas aborrecía o sufrimento, un motivo que o levou a estudar Medicina e a especializarse en cirurxía torácica por ser unha das especialidades máis dolorosas para os pacientes.
Sendo residente, viaxou os Estados Unidos para estudar técnicas menos agresivas e volveu cargado de ideas e de esperanza. Xunto co seu equipo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) creou, en 2010, a técnica Uniportal VATS, única no mundo, para operar o cancro de pulmón a través dunha soa incisión no costado. Cun equipo permanente no hospital pulmonar máis importante da China, hoxe Diego é unha eminencia que viaxa por todo o mundo ensinando a súa técnica, e operando en case calquera circunstancia.
Nos seus escasos ratos de lecer, divírtese practicando deportes de risco e xa traballa con Google no prototipo dun robot que revolucionará a cirurxía tal e como a entendemos.
Temas
Más en Sociedad
-
Un médico de familia, José Ramón Parada, será el nuevo gerente del Sergas
-
España suspende en salud mental posparto: el 25% de las mujeres sufren trastornos pero no hay unidades especializadas
-
Uno de los grandes mitos de la DGT: ¿Está prohibido conducir con chanclas?
-
Nueva alegría para los jubilados: Así será la subida de las pensiones de aquí a 2027