O Festival de Cans crea unha sección internacional, con realizadores de Brasil ou Líbano
O Festival de Cans, que se celebrará entre os próximos 23 e 26 de maio, contará nesta edición con varias presenzas internacionais a través da súa sección ExtraCans, que se redefine para ser un espazo no que se buscará a conexión de creadores e creadoras galegos con directores e directoras doutros países. Realizadores de Italia, Líbano, Portugal ou Brasil mostrarán as súas curtametraxes no festival, todas co nexo en común de que o traballo de profesionais galegos foi determinante para sacar os traballos adiante.
As curtametraxes que o público poderá ver serán Mon amour, mon ami, do italiano Adriano Valerio; Tshweesh, da directora libanesa Fayrouz Serhal; Claudia, unha curta do portugués Miguel Pereira; e El concepto de ironía, do realizador brasileiro residente en Budapest Márcio Souza-Haz.
Temas
Más en Sociedad
-
El silencio que grita: La realidad oculta del bullying
-
Sorteo Bonoloto del miércoles 1 de mayo de 2024
-
La DGT pone la lupa sobre las pegatinas: podrá ponerte hasta 200 euros de multa
-
Doctor Lobo, el médico que enseña por toda España una técnica de cirugía ginecológica sin cicatrices: "Son resultados espectaculares"