Síguenos en redes sociales:

Quique Morales e Nieves Rodríguez finalizan o Camiño dos Faros no 'Imos Indo'

Percorrerán os pouco máis de 26 kilómetros que separan Nemiña de Fisterra

O programa Imos Indo da Televisión de Galicia (TVG) chega hoxe ao seu final coa derradeira etapa do Camiño dos Faros, a que separa Nemiña de Fisterra, onde Quique Morales, estará acompañado por Nieves Rodríguez, a coñecida presentadora do espazo Vaia Troula. Este percorrido de pouco máis de 26 quilómetros levaraos ata o faro de Fisterra, o final do traxecto.

Polo camiño coñecerán o impoñente Cantil da Mexadoira e a praia do Rostro, onde falarán coa trasna e mestra Verónica del Valle. Ademais, lembrarán coa xornalista Cruz García o afundimento do Casón, subirán ao Cabo da Nave e ao Monte Facho e vivirán unha xornada cargada de emocións.

Pulsa para ver más contenido para ti