Máis de 320 profesionais e unha trintena de obras inscríbense nos Premios María Casares
A gala terá lugar o 2 de xuño u O galardón de honra será para Marisa Soto
Un total de 30 espectáculos e máis de 320 profesionais concorren aos XXVI Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa fundación en 1997. O proceso de inscrición finalizou o pasado 10 de marzo rexistrando unha gran participación ao inscribírense un total de 30 montaxes e 327 candidaturas de profesionais que se postulan para as catorce categorías nas que se dividen os premios: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.
Tras a fase de inscrición, a AAAG iniciou xa a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Dese xeito, ademais do corpo asociativo da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e as persoas finalistas en edicións anteriores. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer a finais do abril na tradicional Festa de Finalistas. O Centro Dramático Galego, Tanxarina, Talía Teatro, Stracciatella Teatro, Matrioshka Teatro, Ártika Cía., Teatro do Noroeste, Voadora e Sarabela Teatro son algunhas das compañías inscritas.
Este ano, a entrega celebrarase o vindeiro 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro. Ese día entregarase ademais o Premio de Honra Marisa Soto, que se lle concede cada ano como homenaxe a unha persoa ou a unha entidade, e lerase o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.
A festa do teatro conta coa colaboración habitual de institucións e entidades como a Xunta, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña ou Gadis.
Temas
Más en Sociedad
-
El TC avalará esta semana el castigo de las coacciones a las puertas de clínicas abortivas
-
“Perder ese medo que a xente ten ás matemáticas é unha marabilla”
-
Pasión por la Dermatología, la especialidad favorita de los MIR
-
Científicos españoles descubren el gen que explica el 20% de los casos de alzhéimer