SOS Clásicas intensifica a campaña nas redes na defensa do Latín e o Grego
A plataforma esixe á Consellería de Educación que evite a súa desaparición
A plataforma SOS Clásicas intensifica aínda máis a súa campaña “para evitar a desaparición do Latín e o Grego do ensino secundario”. A través das redes sociais, fai un chamamento á Consellería de Educación para un maior compromiso con estas materias.
Segundo aseguran os integrantes, o conselleiro Román Rodríguez “comprometeuse a ampliar o currículo de Historia de España e a ofertar a optativa de Filosofía na ESO, pero deixa fóra as demandas do profesorado de Latín e Grego”. Os docentes destas materias recalcan que “non se pode reforzar o coñecemento humanista sen garantir o ensino das humanidades clásicas”.
A campaña solicita a creación dunha materia obrigatoria na ESO, “os departamentos de Latín e Grego son os únicos que non teñen nin unha soa obrigatoria no currículo”.
Temas
Más en Sociedad
-
Detenido un hombre por la muerte de una mujer de 74 años en Jaén
-
Sorteo Bonoloto del miércoles 8 de mayo de 2024
-
El boxeador Antonio Barrul, denunciado por el hombre que agredió presuntamente a su pareja e hija en un cine
-
No fue 'El Cabra' quien asesinó con su narcolancha a los guardias de Barbate, según un nuevo informe policial