A plataforma SOS Clásicas intensifica aínda máis a súa campaña “para evitar a desaparición do Latín e o Grego do ensino secundario”. A través das redes sociais, fai un chamamento á Consellería de Educación para un maior compromiso con estas materias.

Segundo aseguran os integrantes, o conselleiro Román Rodríguez “comprometeuse a ampliar o currículo de Historia de España e a ofertar a optativa de Filosofía na ESO, pero deixa fóra as demandas do profesorado de Latín e Grego”. Os docentes destas materias recalcan que “non se pode reforzar o coñecemento humanista sen garantir o ensino das humanidades clásicas”.

A campaña solicita a creación dunha materia obrigatoria na ESO, “os departamentos de Latín e Grego son os únicos que non teñen nin unha soa obrigatoria no currículo”.