Un novo libro de Domingo Villar sairá á venda en setembro con Editorial Galaxia
'Sibarís' é o título da obra póstuma que verá a luz este ano
Sibarísé o título dun novo libro do desaparecido Domingo Villar (Vigo, 1971-2022) que verá a luz en setembro deste ano da man de Editorial Galaxia. Esta nova publicación póstuma do aplaudido autor galego é unha obra de teatro que Domingo Villar deixou rematada por completo e que entregou á Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza dramática protagonizada por un escritor que vén de recibir o Nobel mais que se atopa nun bloqueo creativo dende hai ben de anos, segundo adianta a editorial.
Regístrate gratis y accede a todos los contenidos de La Opinión A Coruña
O texto presenta o "fino sentido do humor que Domingo Villar destilaba" e polas páxinas desta nova obra inédita desfilan "as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria e que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias de todos aqueles e aquelas que se dedican a escribir", informa Galaxia. "Trátase --engade a editorial-- dunha reflexión aguda, cómica, ás veces despiadada mais sempre lúcida, arredor da literatura e todo o que a rodea".
Domingo Villar, en diez frases
Os responsables deste proxecto na editorial que publicará esta obra póstuma de Domingo Villar suliñan tamén que os seguidores do creador do detective Leo Caldas accederán aquí a un escritor "poliédrico que era moito máis que un construtor de tramas policiais como xa quedara demostrado no delicado Algúns contos completos que a Editorial Galaxia publicou en 2021 e que tanto éxito de público e crítica alcanzou". Consideran desde Editorial Galaxia que esta achega ao teatro do finado Domingo Villar seguirá "facendo o mesmo que fixo durante a súa corta mais fecunda vida: seducir lectoras e lectores para a literatura galega".