A Xunta incorpora novos centros aos programas de bibliotecas
A Xunta de Galicia publicou as resolucións definitivas dos programas Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Lectura e Familias para este curso 2023-24, a través das que se incorporan novos centros e se dá continuidade á participación dos xa integrados. Así mesmo, o Portal Educativo publicou xa a convocatoria de Bibliotecas Escolares Solidarias, a iniciativa que busca estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado dos niveis non universitarios e as súas familias.
O programa Radio na Biblio chega este curso a 196 centros de ensino, que contan todos eles cun laboratorio de radio no que traballan as competencias informacionais e mediáticas do alumnado. A resolución publicada no Portal Educativo establece a continuidade de 166 centros no programa e a incorporación dos seguintes 30 colexios e institutos. Un total de 170 colexios desenvolven este curso o programa Biblioteca Creativa, 145 de continuidade e 25 de nova incorporación. O programa Lectura e familias estimula o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar. O obxectivo é que nais e pais se impliquen en experiencias de lectura ou de traballo coa información e medios de comunicación. Son 90 os centros que continúan no programa, aos que se suman os 25 que se incorporan a el por primeira vez.
Os centros interesados en sumarse a Bibliotecas Escolares Solidarias poderán solicitalo ata o 13 de xaneiro.
Temas
Más en Sociedad
-
Las promesas rotas de los 'niños de la polio': "Somos los discriminados, cada vez más enfermos y nos estamos muriendo"
-
Buenas noticias para los que conviven con mayores de 65 años: Hacienda les 'regala' hasta 2.550 euros al cumplir estos requisitos
-
La Agencia Tributaria avisa a todos los españoles que tengan en propiedad un piso o una casa sobre el IRPF
-
Milleiros de persoas marchan en Santiago para pedirlle á Xunta que traballe polo idioma