Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 28
    Enero
    2017

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Podemos na disxuntiva

    De manterse o enfrontamento larvado entre pablistas e errejonistas, Podemos, de ser un  auténtico fenómeno político e alternativa de goberno  derivará cara á súa ruptura e declive.

    Podemos na disxuntivaNinguén que se postule como estratego da   esquerda,  debe esquecer  que o tránsito do anterior réxime ditatorial á nova realidade política  lonxe de conducirse  vía  ruptura produciuse  seguindo o mecanismo dunha transición de apaño, onde non se reparou na incorporación de infinidade de destacados membros do referido sistema  á nova realidade política, aos depositarios do legado histórico franquista; colectivo que mais que constituírse como un partido de extrema dereita no marco do novo escenario,  na década dos noventa sen renuncia aos seus acenos de identidade optaron por integrarse  no PP, e así conformar  conxuntamente unha confluencia estratéxica e sen fisuras, unha aposta de conveniencia  coa   exclusiva finalidade de repartición do poder e rendemento  electoral.

    E así, mentres a dereita  a pesar da súa diversidade concentrábase  nun só partido, o PP; a esquerda, non só  fraccionábase entre varias frontes, senón que no seu ofuscamento empeñouse en malgastar enerxías e recursos para repetir a dinámica  de sempre, é dicir, reproducir o eterno drama da súa desunión  e contender  entre si, evidenciando  a súa  incapacidade  en consolidar  un proxecto común que sortease  a inconveniencia da   fragmentación electoral

    Mais difícil, exponse reconducir a actual traxectoria  dos socialistas de Ferrán, tendo en conta que desde 1982 cando Felipe González, como submiso mozo dos recados do capital faise coa  Presidencia do Goberno, ao ser o momento  que entra en escena un PSOE de novo cuño, guiado e monitorado polo poder financeiro, e tal circunstancia, presupón o abandono da  loita de clases como motor da súa acción política, que delata a súa deslocalización da  esquerdas, e por tanto condición de representación  nesa esfera, sendo por iso que toda interpretación distinta non vaia mais alá dun  mero intento de desvirtuar a percepción da realidade. pois dificilmente pode ostentar condición de esquerdas unha organización que exerce o papel de gardián da ortodoxia neoliberal

    A falsa esquerda só pode mirar cara á  dereita, como así  explicitou a través do golpe de estado  consumado recentemente no seu propio seo, coa única  finalidade de facilitar o goberno a Mariano Rajoy; para así  sen dar voz á súa militancia  cumprir a  decisión tomada con anterioridade polas  elites oligárquicas na súa estratexia  de obstaculizar a conformación dun goberno alternativo e de progreso coa participación de Podemos como esquerda real, unha arrevesada  determinación que o partido socialista  tenta  versionar agora como  unha decisión  atinada e inevitable.

    Unha manobra  que a formación  morada debese  explotar ao máximo denunciando   os  daniños   efectos desta   artimaña no caladoiro electoral dos intrigantes, coa finalidade  de persuadir  aos  seus votantes dos desaconsellables efecto  da súa continuidade

    Pero cando a cúpula de Podemos debese envorcar os seus esforzos en consolidarse como alternativa real, e exercer  sen fisuras unha oposición responsable que lle reportase fiabilidade   e achandase o acceso  ao  poder político a medio prazo, resulta que contra todo prognóstico  é a súa  fractura interna quen  toma o papel protagonista aireada aos catro ventos polos dous principais dirixentes da formación, constatando coas súas liortas  a existencia dunha  crise ideolóxica de difícil resolución, e o que é mais grave, a constatación de estar a incorrer  en idénticas prácticas que por inadecuadas foron tema de reprobación aos seus adversarios  políticos

    Evidenciando co seu discurso e forma de proceder  notorias probas de inmaturidade, non só asimilábel á vella política, senón que mostran  o noviciado dun partido de aluvión cuxa repercusión na súa controversia de fondo está a provocar fisuras no seu propio seo e transmitiir desconfianza á cidadanía, ata o extremo, de verse obrigado a aplicarse  idéntica autocrítica que a esixida pola súa banda aos demais.

    Podemos na disxuntivaMal vai o funcionamento de Podemos  cando a idea do duelo imponse ao debate fraterno, e os seus máximos mandatarios suplen a vía do  dialogo persoal por agres insercións en medios  e redes sociais que por ser a antítese do dialogo representan unha  actitude de controversia  que  pon de manifesto  a existencia  dunha  profunda división no seu seo, que ademais de non axudar para nada  ao arranxo dos graves problemas  que vive o país, acentúa o risco de división entre os dous sectores enfrontados  á vez de minguar afinidade simpatizante,  e por tanto, rebaixa no  substancial as expectativas  electorais  dos seus mellores tempos.

    É por iso, polo que o partido  morado ven a celebrar  o seu terceiro aniversario sumido na súa propia miopía  e envolto nunha  aguda disputa, unha dinámica de confrontación   entre dous modelos contrapostos, que de non mediar  consenso previo e impoñerse a  sensatez, os acordos  congresuais de Vistalegre 2 tomarán formato de papel mollado, e o futuro da organización frontista terá os días contados 

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook