Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

puntadas, pespuntes e ganduxes

Sobre este blog de Sociedad

Roibén do Abrente


Archivo

  • 28
    Julio
    2017

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Un mitómano na Moncloa

    Na súa comparecencia ante a Audiencia Nacional, Rajoy demostrou unha vez máis estar cómodo coa mentira, renunciado con tal actitude a modificar a súa conduta, e declinando con iso, a erradicar a corrupción endémica do seu partido

    Un mitómano na  MoncloaQue Rajoy mente máis que fala é un todo manifesto, ata o extremo de chegar cos seus embustes ao nivel da “pseudología fantástica”, esa síndrome propia dos adictos a mentir de xeito compulsivo, a fabricar falsidades complexas e sistemáticas, que a diferenza da mentira ordinaria, teñen a súa orixe en motivacións patolóxicas, facendo que, no seu ego interno, as súas ilusións e paranoias acaben tomando rango de realidade, ata o extremo de chegar ao desvarío de ser el mesmo quen as tome como certas

    Tal extravío non tería maior relevancia se tan mitómano proceder fose da colleita dun fulano calquera, cousa distinta resulta cando o engano é autoría do propio Presidente do Goberno, porque terxiversar a verdade ostentando a condición de máximo mandatario do Executivo, supera o límite do tolerábel, pois ademais de constituír unha burla á cidadanía, é unha forma inadmisible de institucionalizar a indecencia como norma de conduta no desempeño da actividade política.

    Pero que Mariano Rajoy méntenos ademais de non dicirnos a verdade , non é nada novo, pois o leva facendo desde sempre, e iso é así, por máis que se lave as mans, que diga non saber nada de nada ou que eluda facerse responsable do que veñan de facer os que están baixo as súas ordes.

    Tendo en conta que no seu asiduo proceder falsifica a cotío a realidade cando nega a existencia de financiamento irregular do partido que preside, do mesmo xeito que tamén falsea o evidente cando di descoñecer que moitos dos destacados membros desa organización criminal que dirixe, non só meteron aos seus petos o indebido, senón que asiduamente exerceron de activistas da estafa , o desfalco, o suborno , a evasión e o branqueo de capitais.

    De quen fai trampas aos electores, mentindo en campaña ao prometer cousas que de antemán non pensa cumprir e chega mesmo ao extremo de utilizar o embuste ata en sede parlamentaria; con semellante historial, un presidente do Goberno; que falseou a verdade por todos os eidos, desde á cidadanía ata no Congreso dos Deputados, e ten ninguneado cos seus enganos aos medios de comunicación.

    A conto de que, citado a declarar como testemuña no xuízo do caso Gürtel, ía modificar o seu impostor proceder ante un tribunal de xustiza.

    O principal quefacer do líder do Partido Popular non é para nada gobernar o país, senón recrear a realidade para unha vez adaptada a seu antoxo, representala ante a cidadanía no formato que máis lle convén, de tal modo que a pesar de exercer de asasino da verdade, ser capaz de manter invariable a credulidade dos seus electores, para dese modo, lograr que as máis grandes das súas mentiras sigan tendo a aceptación dos seus crentes e non lle cause menoscabo nas urnas.

    Como non podía ser doutra maneira, en idéntica liña discorreu a traxectoria da súa intervención na testifical do pasado mércores, pois máis que proporcionar información fidedigna sobre os delituosos feitos que deron eclosión ao caso Gürtell, e con iso facilitar ao tribunal todos os elementos de proba posibles. Por iso, a pesar da implicación do seu partido na trama e de ser el o máximo mandatario do mesmo, non reparou en aducir como pretexto ás súas repetidas negativas de resposta, o falso argumento de descoñecemento da xestión económica , é dicir, non saber nada de nada das contas da súa organización, argumentando no seu descargo, que o seu posto era de carácter estritamente político.

    Por tanto, o testemuño do Presidente ante a Audiencia Nacional, ademais de cínico e impertinente, puxo de manifesto que tras o “invocado descoñecemento” que a testemuña utilizou para negar resposta ás preguntas máis comprometidas, escóndese o neglixente proceder do seu rexeitamento para pescudar o que estivo ocorrendo no seo do seu partido durante moitos anos

    Con todo, sorprendentemente si parecía ter coñecemento exhaustivo da descoñecida materia, para afirmar a inexistencia de financiamento ilegal do partido que lidera, como para manifestar con rotundidade ser absolutamente falso que os dirixentes do partido cobrasen os sobresoldos en B feitos públicos nos papeis de Bárcenas, e cuxa veracidade quedou acreditada con anterioridade pola propia xudicatura

    De aí, que se ás contrastadas mentiras coas que tenta burlar a corrupción estrutural do PP, engadimos a rutina de desencontros que acompañan o seu proceder, é notorio que a solvencia de Rajoy, queda totalmente en dúbida e o seu nivel de fiabilidade polos solos.

    Un mitómano na  MoncloaCaiba relacionar como referentes de contraste apuntes das súas declaracións preelectorais e o confrontado resultado conseguido como consecuencia da súa posterior acción política, resultando, que cando afirmaba que o rescate á banca, non nos custaría diñeiro, que non tocaría as pensións, que non habería copago, que non abarataría o despedimento, que non crearía un banco malo, que non subiría o IVE; aspectos programáticos todos eles, cuxo evidente incumprimento desvela que Rajoy non só é un mitómano empedernido, senón que ri dos españois a mandíbula partida.

    Xa que logo, mentiras encadeadas que sumadas á desvergonzada cleptomanía de infinidade de membros do seu partido, son razón sobrada para forzar o seu desaloxo da Moncloa, e darlle así unha oportunidade á democracia

     

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook