En tódolos partidos poden existir ovellas negras, igual que existen en tódalas profesións, o grave é que, mentres algúns partidos toman decisións, por exemplo, os imputados son expulsados inmediatamente, noutros, sobre todo no PP, isto non se fai, ou se tarda demasiado, ou incluso se apoian ata que non hai máis remedio. Tampouco, cando está nas súas mans, fan leis claras que eviten esta lacra ou permiten que existan institucións como as deputacións e outros chiringuitos que favorecen prácticas pouco transparentes. Incluso tratan, por tódolos medios, de controlar o poder xudicial, para que os beneficie, aínda que ás veces teñen certas dificultades.

Na derradeira etapa de Felipe González a fronte do PSOE, a corrupción era un clamor e pagouno nas furnas. Agora estamos aínda peor, chegando o extremo de que o propio PP está imputado por financiamento irregular e tivo que depositar un millón douscentos mil euros de aval por esta causa. Non obstante, dá a impresión de que a xente non lle dá tanta importancia.

Vou citar algúns casos significativos e coñecidos: Rodrigo Rato, Luis Bárcenas, Jaume Matas, Carlos Fabra, Francisco Granados, Ignacio González, José Manuel Soria, José María Aznar, Miguel Arias Cañete, Alfonso Alonso, Javier Maroto, Gustavo de Aréstegui, Pedro Gómez de la Serna, Ana Mato, Vicente Martínez-Pujalte, José Torres Hurtado e Isabel Nieto, Rafael Blasco, Juan Cotino, etc. Hai expresidentes, exvicepresidentes, comisarios europeos, ministros, deputados, alcaldes, presidentes de Deputación, etc. Con este número de membros importantes condenados, imputados ou investigados, ningún partido en Europa sería capaz de gañar unhas eleccións, e esta é unha pequena mostra, existen moitos máis implicados sobre todo en Madrid e Valencia, onde as tramas Gürtel e Púnica implican a inmensa maioría de cargos do PP, e Galicia tampouco se queda atrás, por exemplo: Pablo Crespo, ex secretario de Organización do PP galego; Gerardo Conde Roa, exalcalde de Santiago; José Luis Baltar, expresidente da Deputación de Ourense; José Manuel Baltar, presidente da Deputación ourensá, etc.

Ademais en tódalas tramas de corrupción galegas: Pokemon, Campeón, Orquesta, Arena, Manga, Zeta, están implicados alcades, deputados e concelleiros do PP, e aínda que é certo que algúns poden ser absoltos, fundamentalmente porque dispoñen de moitos medios, e tamén hai algúns membros de outros partidos implicados, os casos de corrupción dentro dos altos cargos do PP é escandaloso.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.