No ano 1982 o PSOE chegou ao Goberno de España tras dunha campaña electoral na que os seus opoñentes tentaron meterlle medo ao pobo co berro: "Que veñen os socialistas!". "Vanvos quitar as vacas, as terras e máis os cartos", dicían. Despois daquelo veu o periodo de maior cambio e mellora da historia de España, gobernada en alternancia polo PSOE e polo PP nun tempo no que tampouco faltaron a corrupción e o despilfarro, o que nos estourou nos fuciños coa crise do 2008 e que veu denunciar o 15-M.

As eleccións do 20-D barreron co bipartidismo, conformando un novo sistema de 4 partidos. Por un lado, a vella e a nova dereita do PP e Ciudadanos, e, polo outro, o PSOE e Podemos máis as Mareas. Esperabamos un cambio como no 82, pero a aritmética do reparto dos votos e outros factores impediron a formación dun Goberno.

Agora, enfrontámonos a unhas novas eleccións nas que todas as posturas están definidas e a principal novidade é a coalición entre Podemos e IU, Unidos Podemos, que pode inclinar decisivamente a balanza para facer valer a suma dos votos maioritarios de esquerdas, sen ter que depender dos independentistas nin dun falso partido de centro para formar Goberno. E, como naquela primeira ocasión que gañaran os socialistas, moitos están a acirrar o medo.

Está claro que así non podemos seguir e se hai a mínima posibilidade de facer algo novo hai que intentalo. Non se trata de facer grandes cambios nin de trastocar o que xa funciona, pero haino que facer doutro modo. De todos os xeitos e goberne quen goberne, haberá que pagar as débedas do país anque as contraeran outros, pero entre todos e cadanseu na parte que lle toca para podermos sair xuntos da crise dunha maneira máis xusta.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.