Como usuario habitual do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), a Filmoteca Galega, e coñecedor da súa problemática debido ao meu contacto co sector audiovisual, levo meses preocupado polo seu futuro máis inmediato, posto en perigo pola RPT (Relación de Postos de Traballo) presentada pola Agadic que, no caso do CGAI, prevé unha redución de ata o 60 por cento do persoal co que contaba. E a miña preocupación aínda non desapareceu por moito que agora esa drástica amortización laboral semelle en suspenso trala campaña de protestas unánimes. Nas últimas semanas asistín asombrado ao intercambio de acusacións entre sindicatos e Administración sobre este asunto. Pero o xoves, 16 de xuño, o meu asombro bateu todas as marcas. Porque ese día, na Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia, onde o BNG defendía unha proposición non de lei apoiada por todos os demais grupos menos o PP para evitar o desmantelamento do CGAI, oín como o portavoz popular, Fernández Gil, negou a existencia desa RPT da Agadic nos termos que alí veñen especificados, uns termos rexeitados polos sindicatos, porque supoñen a amortización de postos de traballo non só no CGAI -biblioteca, videoteca, programación, proxección- senón noutras entidades culturais. Respondeu Jorquera, o portavoz do BNG, que os traballadores da Filmoteca estarán "flipando" coa realidade "virtual", eu diría "paranoia real", que vende o portavoz do PP. Ante esta noticia, difícil de asimilar, de que a Xunta nega no Parlamento a existencia dun documento ao que os sindicatos levan meses opoñéndose, a min tan só se me ocorren dúas preguntas: Que valor teñen as opinións cando se negan os feitos, cando se desvirtúa a realidade? E, falando da realidade, que pretende, en realidade, facer o Goberno do PP co CGAI cando quede despexado o panorama electoral e cando se desvaneza a presión ambiental sobre este asunto, o futuro operativo do CGAI, tan transcendente para a dignidade histórica e cultural de Galicia?

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.