Novas de algúns días a primeiros de xaneiro:

1ª. A comunidade galega é a 2ª comunidade con maior número de falecidos en accidentes de tráfico no ano 2016, despois da comunidade valenciana, incrementándose a mortalidade un 16%, mentres en España subiu o 2,6%.

2ª. Comezamos o ano na nosa comunidade co prezo dos carburantes máis elevado que no resto do Estado.

3ª. Os datos demográficos no 2016 en Galicia son insostibles, seguimos na cola de España e empeorando.

4ª. Galicia é a comunidade onde houbo máis afogados, no mar e nos ríos, no pasado ano, despois de Canarias.

5ª. A afiliación á Seguridade social, no 2016, mellorou nesta comunidade un 1,86%, mentres no resto do Estado a mellora foi dun 3,1%, e o desemprego no mes de decembro aumentou practicamente só nesta comunidade.

6ª. Tamén foron inferiores, o ano pasado, a suba de soldos en convenio con respecto a media do Estado: 0,92% por 1,06%, e os importes os pagos das pensións nesta comunidade seguen a estar tamén na cola.

7ª. O porto de Leixoes en Oporto crece por riba dos portos galegos no tráfico de contenedores, e o aeroporto de Oporto cada vez ten moitos máis destinos e pasaxeiros que os tres aeroportos galegos xuntos.

8ª. A saída do AVE de Galicia segue a retrasarse despois de múltiples promesas, e aínda non se prevé a data de remate.

Poderíase seguir citando novas negativas e tamén algunhas positivas: aumentaron as exportacións, sobre todo centradas en dúas grandes empresas, incrementouse o número de peregrinos a Santiago, aumentou o consumo, etc., de todos os xeitos o balance é moi negativo, polo tanto, a Xunta de Galicia dirixida polo PP, debería traballar en mellorar a vida dos galegos e deixarse de tanta demagoxia propagandística.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.