A Xosé Manuel Sande, Concelleiro de Culturas, concello de A Coruña.

Decatadas/os da denuncia que a Señora Presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo, efectuou contra a túa persoa ou cargo, a causa de un dos carteis anunciadores do entroido coruñés, polo que quedaches imputado, desde a comunidade cristiá Vangarda Obreira, solidarizámonos coa túa persoa, tentamos darche ánimos, e queremos facerche saber que non te atopas só, é dicir: "estamos contigo".

Nada malo, ofensivo ou irreverente ollamos no cartel de Alberto Guitián; pola contra apreciamos nel a sensibilidade choqueira, característica do Entroido desta nosa cidade.

O Carnaval de por si, é unha festa transgresora e lúdica, na que pensamos é bo e saudable rirse dun mesmo e aceptar con humor e intelixencia as criticas dos demais.

Observando o dito cartel, coidamos é de mentes un tanto retortas, ver nel algunha clase de ofensas ou inxurias, a bo seguro que se o Papa Francisco o mirase, sorriríase, pensando que como xa o ten dito, ofensivo é, o das concertinas en Ceuta e Melilla, o das mortes no Mediterráneo de tantos irmás e irmáns, tratando de atopar poder vivir, o da malversación de fondos públicos... etc.

Vangarda Obreira

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.