04 de mayo de 2018
04.05.2018
Cartas de los lectores

O Maio do 68, en tempos de nostalxia

04.05.2018 | 02:11

O luns 23 de abril, o club de opinión Foro Cívico, interesado sempre en cumplir o seu propósito inicial servindo aqueles debates que pola súa calidade, vixencia e viveza polémica parecen conservar un maior interés social, promoveu un acto para lembrar o 50º aniversario do Maio do 68, que, en Galiza, anticipouse a marzo. Catro líderes estudiantís da época na Universidade de Santiago, Tuco Cerviño, Mari Luz Canal, Pancho Álvarez Fontenla e Camiño Noia, revisaron valentemente e sen complexos no salón de actos da ONCE, ateigado de xente, o signficado daquel momento que xunto á revolución cultural china, a guerra de Vietnam, a contestación americana, a autonomía obreira inglesa e a primaveira de Praga, representaron para moitas xeracións un ponto de referencia.

Nas intervencións quedou patente que o estalido do 68 foi un remate dunha época máis que o principio doutra. Caeran publicamente os valores da sociedade capitalista, pero os valores que se atopaban noutros lugares tampouco valían, recrudecéndose a disputa histórica entre a socialdemocracia e o movemento comunista. A Universidade de Santiago, a pesares dos anos duros da ditadura, a través do Tribunal de Orde Pública (TOP) e a represión contra os medios de comunicación, foi un puntal que permitía albergar a esperanza de que por riba de tanta mediocridade as ansias de liberdade e pensamento non iban a morrer de languidecemento nas aulas. Vaia, pois, esta discusión con catro protagonistas daquela época como inmellorábel botón de mostra da loita pola liberdade e a democracia.

Finalmente, Miro Casabella, que tamén ten un sólido espazo en medio daquela brillante etapa, pechou o acto cunha fermosa interpretación do Grándola, Vila Morena.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine