O Grupo Luar na Lubre ofrecerá o próximo día 9 de abril ás 21.00 horas un concerto no Coliseum de A Coruña, dentro do ciclo Música con Raíces, no que presentarán ao público un adianto do seu novo disco.

Así o explicou hoxe a concelleira de Cultura de A Coruña, María Xosé Bravo, que destacou a importancia desta cita co que está considerado como "o mellor grupo de música folk do Estado".

Durante a presentación do evento, Bieito Romero, de Luar na Lubre, anunciou que o concerto de A Coruña "será moi especial", non solo pola súa unión coa cidade herculina, senón porque o público poderá gozar por primeira vez dun adianto do que será o seu próximo traballo, baseado na lírica medieval galego-portuguesa.