de bolina

Isaac, Xeración

 

XOSÉ RAMON PENA Non se torçera aquel fatal costume...?" Malia a implacable reiteración, a se manifestar arreo, día tras día, hora tras hora, o certo é que os seres humanos -un coida que todos os seres humanos, polo menos algunha vez no transcorrer da nosa existencia- chegamos a elaborar a sospeita de que si ten de resultar posible que caiba unha resposta positiva para aquela interrogación que propuxera o poeta. Daquela, vanamente contra Herácilito e mais o "Panta rei"; en balde face a evidencia de que nos mismos ríos entramos e non entramos, toda vez que vimos ser e vimos non ser os mesmos, damos en soñar con erguermos un alto muro infranqueable, muralla chinesa, unha sorte de liña Maginot inviolable para calquera exército invasor que diante dela se aventure: deste xeito, concluímos que acaso, e aínda que por unha única ocasión, as leis do universo, o teimudo operar da bioloxía desesperen do seus propósitos e "a ley que iguala do morrer na sorte os altos Reis, co os baijos labradores" tan só represente un pesadelo escuro e antigo. "Vanamente contra Héráclito..." De certo tan vanamente?

Por volta de 1991, o autor destas liñas tivo a honra de compartir con Isaac Díaz Pardo o pracer da co-presentación de "O río do tempo", a "historia vivida", orixinal de Francisco Fernández del Riego. Hoxe, máis de vinte anos despois desoutro serán inesquecible á beira de ambos os amigos, e cando recibo a triste nova do pasamento de Isaac, a memoria volve reconstruír xustamente un matinar, unha profunda arela que naquela xeira me ocupou: cómo perpetuarmos as ledas claves dunha xornada senlleira, cómo sermos quen de atinxir a harmonía invisible entre os graves e os agudos, bañarnos dúas veces na mesma ribeira, apropiarnos da auga e mais do lume.

Mais talvez aconteza que semellante procura veña responder aínda a esoutra maior percepción dos sentidos e a conciencia. O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias vén de deliñala, ou intuíla, dalgún xeito -e pídolle desculpas a Cesáreo se a cita non resulta completamente exacta-: "Isaac Díaz Pardo era o irmán máis vello da nosa xeración". A simple vista, tal testemuño podería devir para algúns algo así como a proclama dun exceso; porén, se habemos de ser capaces de descifrar todo o sentido que depoñen as palabras do presidente da AELG, non cabe máis que concordar plenamente con elas. Tal e como o seu amigo Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo foi -é e será- de seu un irmán máis vello desa única xeración, río poderoso do tempo, asentada sobre os vértices do país galego: a única e duradeira xeración dos Sarmiento, Faraldo, Rosalía, Curros, Pondal, Murguía, Castelao, Bóveda, Celso Emilio... e tantos outros nomes cos que queremos, debemos e podemos -e si que podemos, a pesar de todas as incertidumes!- conformar sólida, xenerosa irmandade. Por todos eles, xa que logo, si paga a pena considerar que a bioloxía non teña razón nin forza derradeira. Por todos eles, pola xeración de Isaac -que declaramos a nosa- é que lle cómpre escribir, permanecer, afirmar.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
Especial patrocinado por:
Lotería de Navidad 2011 Comprobar número: ¿Cuánto juega? (€): Comprobar loteria
 
 

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

laopinioncoruna.es en las redes sociales

Sorteo de entradas de cine

Vete al cine gratis a ver los últimos estrenos en 3D y 2D con laopinioncoruna.es

Esperando Contenido Widget ...
MÁs blogs
Artículos de Xurxo Souto
Pop, Rock, Jazz, Indie,...
Blog de Sonia Seijas
Recopilación de citas
Entretenimiento canalla
Blog de Adrián Moreno
Blog personal de Pilar Mera
Gastronomía de Miguel Vila
La ciudad de ayer
Blog de fotografía
Un blog sobre literatura
Luis Ferrer i Balsebre
Blog sobre televisión
Blog sobre videojuegos
Bitácora de Óscar Losada
Historia de nuestras calles
Un blog un poco escéptico
Blog de temática gay
Blog sobre arquitectura
Verbenas e orquestas
Blog de crítica de cine
Frases famosas
Blog de recetas
Blog de crítica de cine
Selección de Voley- Playa
Blog de Laura Méndez
Blog de Moda
El mundo del rock
Un lugar recoleto
Documentos financieros
Nueva sección de Ocio
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Elecciones Generales 2011