EUROCOPA

Xerais supera os dez millóns de exemplares vendidos dende a súa fundación en 1979

O director da editorial, Manuel Bragado, asegura que "é un éxito dos lectores de Galicia" e afirma que as políticas lingüísticas da Xunta están afectando ás vendas dos libros educativos en galego

 03:13  
Manuel Bragado, director de Xerais. / eduardo vicente
Manuel Bragado, director de Xerais. / eduardo vicente 

EFE / N. DÍAZ | SANTIAGO / A CORUÑA Edicións Xerais de Galicia acadou, ao peche do exercicio 2011, os 10.103.409 exemplares vendidos dende a súa fundación no ano 1979, informou onte a editorial. En palabras do director de Xerais, Manuel Bragado, estas cifras constitúen "un éxito" e obrigan á empresa a continuar nesa liña e "non decepcionar aos milleiros de persoas que utilizan os libros da editorial".

Xerais leva 32 anos e posúe un catálogo histórico de máis de 3.000 títulos, así como un catálogo vivo de 1.500 obras que abranguen os ámbitos da narrativa, literatura infantil e xuvenil, ensaio, dicionarios, etc. A empresa vende uns 300.000 exemplares por ano, o que Bragado considera "un éxito por parte dos lectores de Galicia ao longo destas décadas".

Das 125 novidades publicadas por Xerais nas distintas coleccións destacaron, entre outras, a novela de Agustín Fernández Paz Non hai noite tan longa, con máis de 3.500 exemplares vendidos e a edición dos contos reunidos de Manuel Rivas no volume O máis estraño, con casi 4.000. Os responsables da editorial destacan a interese que espertou entre os lectores a figura de Lois Pereiro (homenaxeado nas Letras Galegas 2011), xa que a súa Poesía completa foi un dos libros máis vendidos das novidades publicadas por Xerais.

A literatura infantil e xuvenil ocupa un lugar destacado na oferta editorial galega, e os autores están recoñecidos cos máis importantes premios. Tal foi o caso de Agustín Fernández Paz, que recibiu este ano, na Feria Internacional del libro de Guadalajara (México), o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil. Asemade, desde Xerais destácase o sorprendente comportamento que tivo a reedición da novela infantil de Xabier P. Docampo O misterio das badaladas, que acadou tres edicións o ano pasado. Seguíronlle as novidades Corazón de chocolate. Unha aventura para Tintimán en Compostela, de Santiago Jaureguizar; A chave da Atlántida, de Anxo Fariña (Premio Merlín, 2011); Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro, y A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa (Premio Merlín, 2010).

Edicións Xerais destaca tamén as ventas do fondo editorial con títulos que se reeditan ano tras ano e acumulan un número moi importante de exemplares vendidos, como sucede con novelas como O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas, con 81.200 copias, ou Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con casi 81.000.

Entre os máis vendidos deste ano están O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro; Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; Resistencia, de Rosa Aneiros; Todo é silencio, de Manuel Rivas; O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz; Dragal, de Elena Gallego; Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo, ou Pel de lobo e Morning Star, de Xosé Miranda.

O libro estrela da editorial segue sendo o Pequeno dicionario Xerais, con máis de 350.500 volumes vendidos. "É o noso buque insignia, e tamén o Dicionario Xerais da lingua, que chegou aos 200.000 exemplares este ano, algo extraordinario", declarou Bragado, que afirma que a editorial Xerais é, a miúdo, identificada como "a empresa dos dicionarios, algo que é mérito do equipo de lexicógrafos que coordina Xosé María Carballeira".

Dificultades

A pesar deste éxito nas vendas, Manuel Bragado recoñece que nos últimos anos produciuse unha diminución na recaudación, debida á crise económica e a outros factores como o paradigma da comunicación impresa e dixital, a homoxeneización en canto aos libros preferidos polo público e ás políticas lingüísticas adoptadas pola Xunta.

"Fundamentalmente no eido educativo sentimos os efectos do actual decreto de plurilingüismo, non somos alleos ás dificultades nas políticas de fomento da lingua e somos partidarios da recuperación de consensos socializadores para acadar unha atmósfera máis favorecedora para a nosa actividade", comentou o director de Xerais, que considera que "o libro en galego está nunha situación de profundísima mudanza, o que crea incertezas e obriga a explorar novas fórmulas". "A oferta de Xerais ten que ser completa e diversa, a biodiversidade é importante", concluíu Manuel Bragado.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus

Premios cine

Oscars 2012

Los Oscars 2012

Conoce las pelÌculas, actores, actrices y todos los nominados a los Oscars 2012

 
Goya 2012

Premios Goya 2012

Conoce las pelÌculas, actores, actrices y todos los nominados a los Goya 2012

 

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

Esperando Contenido Widget ...
MÁs blogs
Artículos de Xurxo Souto
Pop, Rock, Jazz, Indie,...
Blog de Sonia Seijas
Recopilación de citas
Entretenimiento canalla
Blog de Adrián Moreno
Blog personal de Pilar Mera
Gastronomía de Miguel Vila
La ciudad de ayer
Blog de fotografía
Un blog sobre literatura
Luis Ferrer i Balsebre
Blog sobre televisión
Blog sobre videojuegos
Bitácora de Óscar Losada
Historia de nuestras calles
Un blog un poco escéptico
Blog de temática gay
Blog sobre arquitectura
Verbenas e orquestas
Blog de crítica de cine
Frases famosas
Blog de recetas
Blog de crítica de cine
Selección de Voley- Playa
Blog de Laura Méndez
Blog de Moda
El mundo del rock
Un lugar recoleto
Documentos financieros
Nueva sección de Ocio
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya