A décimo primeira edición dos PREMIOS OPINIÓN de música folk virá con novidades, tal como xa informamos nestas páxinas.

Logo de estar dez anos premiando aos tres mellores álbumes do ano, nesta ocasión amplíase o panorama de premios. A semana que vén publicaremos os finalistas nas tres categorías nas que agora se divide o galardón. Ademais de continuar premiando ao mellor disco anual de música folk, o evento engade os recoñecementos á mellor canción orixinal e ao mellor artista do ano. Nesta última categoría o premio será entregado a unha persoa, deixando fóra o labor dos colectivos.

Contaremos con catro finalistas por cada categoría, aínda que un empate fará que nesta primeira edición do novo formato dos nosos premios sexan cinco as pezas que opten ao galardón de mellor tema orixinal.

Os gañadores serán dados a coñecer na propia gala de entrega dos galardóns, que terá lugar no vindeiro mes de maio..