A obra De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo, escrita por Santiago Lamas e Alfonso Mato, gañou o premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015. Esta décimo quinta edición foi organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e a Editorial Galaxia, ademais de contar coa colaboración de Gas Natural Fenosa. A obra será publicada por Galaxia.