Montero: "Admiro o seu compromiso con Galicia"

17.05.2016 | 11:52

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, confesou onte que sempre admirou "o compromiso con Galicia de Manuel María", ademáis "da súa literatura, en especial a poesía". "Ten unha obra inxente, polifacética e polixenérica, que pasa por todos os xéneros e eidos", resaltou e engadiu: "Tratei a Manuel María moito en Lugo a partires de 1960 porque aínda que vivía xa en Monforte viña moitas veces a Lugo aos faladoiros", engade. Alí estableceron unha relación fluída na que comentaron múltiples temas de política e cultura, aínda que "non sempre con criterios semellantes".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Enlaces recomendados: Premios Cine