Odomingo 21 deste mes de agosto, aparece esta entrevista no xornal de maior tirada, e así queda ben identificado, por se se quere solazar coas súas declaracións, as do alcalde-médico de Coirós. Xa nos tiña acostumado ó seu prudente silencio, pero venceuno a vaidade, superior a el. E empezaron a repenicar os teléfonos das distintas plataformas. "Colle o xornal". "Cal?". "O das necrolóxicas", dixéronme as distintas voces. Eu levei un susto. Cando vexo a vera e ebúrnea efixie do médico-alcalde todo enfundado e cinguido, el cachas, nun niki, deses que temos visto nas estivais praias de Sitges. Ad multos annos: licenciado médico-alcalde, ou alcalde-médico que tanto monta, vostede é coma Xesucristo, ten dúas naturezas unha divina e outra humana.

Antes de seguir quero aclarar o do seu apelido, como sempre sinaba Requeijo e vin repetidamente na citada entrevista Roqueiro, pensei se, valéndose das debidas licencias xurídicas cambiaríao polo máis musical Roqueiro pero foi erro do xornal, porque vostede é máis de Mambo!!!, cando anunciou co brazo en alto o trunfo da sexta elección. O único rockero que coñezo é a Ramoncín. Roqueiro son as rochas dun edificio sobre as que se edifica.

Mire que a xente, os seus seareiros, sobre todo, quedaron preocupados ó dicir que vostede está como un touro. E recordaban que os touros teñen varias características: primeiro, os cornos e vostede non os leva; segundo, a bravura teimuda e vostede que recibe tantas estocadas vai capeándoas e, terceiro, bufan ante canta vaca ven.

Como sabe hai moitas manifestacións antitaurinas, teña coidado non o collan no medio pola súa fachenda, pero igual é un touro manso deses que os gandeiros meten nas prazas confiados na súa nobreza e acaban sendo o desgusto de todos.

De entrada, a intelixente e sagaz Susana Acosta, periodista, retratouno, debeu ser con só miralo de arriba abaixo, o que vale a intuición feminina! Fíxense: "A Francisco Quintela Roqueiro (Santiago 1951) le gusta ir al Concello hecho un pincel". Isto dun pincel non o diría un xornalista masculino. E segue a xornalista: "Por su aspecto, se puede intuir que es un hombre presumido al que le cuesta reconocer su edad": "Paso de los cincuenta', dice, antes de desvelar el año de su nacimiento". Ata aquí a xornalista. E tanto, desde 1949 ó actual, van 62 anos. Cal é o segredo que non teña un cabelo branco nin ralo? Aínda que ás veces váiselle a man.

A periodista váiselle o corazón e dinos: "También es un romántico (...)" e parafrasea ó cantante italiano Nicola de Bari, "La ciudad donde se nace es como el primer beso" e dinos "que cuando hay que divertirse es el número uno"."Camino todos los días entre hora y media y dos horas" E aquí é cando nos di "físicamente estoy como un toro", aínda que, segue, "había que preguntárselo a mi mujer, si soy grande o pequeño".

"Tengo que decir que siempre gano con mayoría absoluta". Certo, nin fai propaganda política. Só está todo o ano facéndoa.... diso sábeno ben a xente maior onde ten unha mina... receitas, baixas, altas, etc. etc.

"Me hice médico por poder ayudar a la gente". En cambio Castelao, "Fíxenme médico por darlle gusto a meu pai pero non exercín por amor a humanidade". Isto non o dixo Lord Byron.

"Me considero médico antes que político", isto, moito lle debe remorder a conciencia porque o repite a cada caso. E para rematar Susana dille que "incluso va a visitar a los pacientes al hospital..." É certo que si, pero xa o di: "Me gusta preocuparme por mis pacientes". Pasoulle a moita xente coñecida... só ós que a el lle interesaba.

O alcalde fala da súa xuventude, "un romántico empedernido", como di a periodista. Recorda o licenciado Quintela os seus anos mozos: "No se me daban mal las relaciones", sociais, diriamos nós, porque non especifica.

"De las chicas de entonces, le cuesta admitir que tuvo sus triunfos". Como home romántico tamén conta que nunca lle puxo "barreras al amor", "pero una vez que conoció a su mujer sólo tuvo ojos para ella". Desde que dixo isto medroulle un pouco máis o nariz como a Pinocho. "Dicen que tengo buena voz", bromea. "Ahora me encantaría tener un nieto porque soy muy niñero". E este animal pasaría a ser "papá-abuelo" co que hai pouco tratou de ofender a todos os pais e avós do mundo. Os "papás-abuelos" como lles di en privado.