Cando Willy Brandt, aquel presidente alemán, se enterou de que o noivo da súa secretaria estaba acusado de ser un espía da RDA, dimitiu. Era o noivo da súa secretaria. Sen embargo, Ana Mato, a nosa ministra, non nega o que din os papeis de Bárcenas. O único que alega na súa defensa é que quen facía eses gastos era o seu exmarido. Pero vamos a ver, os nenos que celebraban as comunións e as festas non eran dos dous? - cando tiñan lugar esas comunións e esas festas o seu exmarido aínda era o seu marido? Definitivamente, pensa que somos parvos. As viaxes, os hoteis e as comidas das que fala Bárcenas, e ela non desminte, foron viaxes, hoteis e comidas disfrutadas por Ana e o seu exmarido cando aínda era marido. Ah, pero esta señora non dimite. Leitoras e leitores, en España xa hai vinteseis millóns de españois que están empadroados en concellos onde hai algún político imputado. É un dato escalofriante. Seino. Vexan este outro: o 44% deses políticos pertence ao PP, o 36% ao PSOE e o resto a outras formacións políticas. Diante deste panorama un ser humano que conserve algo de decencia só ten dúas saídas: ou se rebela ou se exilia. Esta semana foi especialmente truculenta, pero levamos así case cinco anos, cando non é unha cousa é outra. - incluso durante esta semana tan truculenta, observamos como os partidos seguen sen querer falar de listas abertas, como non queren incluir aos propios partidos na Lei de Transparencia, como non se poñen de acordo para publicar na páxina web do Congreso a cantidade real do que gaña cada señoría, como tampouco se animan a abrir aos medios de comunicación o pleno anual no que se revisa a subida dos seus soldos e, por último, como seguen facendo roldas de prensa sen que os medios de comunicación teñan dereito a preguntar. Claro que isto é culpa dos medios de comunicación. Como? Que non podo preguntar? Pois non hai foto, nen informacións sobre ti, pequeno dictadorzuelo. España non vai ben. Hai que recoñecer que o mundo tampouco, pero nós damos bastante vergoña. Despois de Grecia e Italia somos o país máis corrupto da Europa dos quince. A que agardamos para mandar a toda esta xentalla para a súa casa ou para o cárcere? Os islandeses foron quen de facelo. Que sucede? Son máis listos que nós? Probablemente máis altos e máis loiros si, pero, máis listos? A Xustiza non é a única responsable da cultura da verdade. Non podemos depositar todas as nosas esperanzas no feito de que a Xustiza faga xustiza. Iso ten que ser así. Non queda outra. Pero nós, como sociedade debemos de fuxir da cultura da mentira e recuperar a honorabilidade e grandeza que encarna a cultura da verdade. Decir a verdade é fundamental para que un país funcione con unha democracia plena. Desde o fontaneiro ao presidente. Se non é así, seguiremos instalados na vergoña para sempre.