A travesía é unha peza longa dedicada ao poeta Carlos Oroza. Nela, tentamos contar a anécdota da viaxe de Margarita Xirgu en Barco desde Bilbao a New York. Aquí teñen varios fragmentos da obra, que fundimos para darlle unha unidade propia ao texto, e que nos permite observar parte da estrutura dramática e do ton poético da mesma.

1. A CARTA

(Mar. Serea de barco. MARGARITA Xirgu escribe unha carta.)

MARGARITA: Querido Federico, só pasaron tres días da travesía en barco e xa te estraño. Sinto que se non te escribo non estou contigo e iso me espanta. Aínda me parece que estou despedíndome de ti nos peiraos de Bilbao. Desexo que te encontres ben e xa teñas chegado á túa adorada Granada.

2. A NOTICIA

HOME: Desculpe, dona Margarita.

MARGARITA: Que ocorre?

HOME: Chegou un telegrama para vostede desde España.

( Silencio.)

HOME: Non o vai ler?

MARGARITA: Si, aínda que non creo que sexan boas noticias.(Le o telegrama. Nace a guitarra.) "Querida Margarita. Stop. O noso amado amigo, Federico? Stop? foi detido en Granada. Stop. Os amigos estamos tentando auxilialo. Stop. É importante que a prensa internacional? Stop?coñeza o sucedido. Unha fonda aperta. Pablo Neruda".

3. AMÉRICA

(Morre a guitarra. Entra un MARIÑEIRO. cun cabo aos seus labores de atraque e MARGARITA acaba de escribir a súa carta e métea nun sobre. Ponlle as señas.)

MARIÑEIRO: Dona Margarita, estamos chegando a América.

MARGARITA: Que ben soa.

MARIÑEIRO: América está americando.

MARGARITA: Tan grande é?

MARIÑEIRO: A veces encóntrase a sí mesma.

(MARGARITA vai recoller a carta da mesa. O MARIÑEIRO non lle presta atención.)

MARIÑEIRO: (Canta.) Ay, mi pescadito, no llores ya más. Ay, mi pescadito, deja de llorar. (Deixa de cantar anacos de "Capitanes intrépidos", recita a Oroza.)

Y era Poe, Poe,

Poe haciendo ruído con el agua,

Poe jugando con la arena de la playa.

(O MARIÑEIRO vaise. MARGARITA, sobrecollida polos ritmos do novo continente, acompaña coa súa voz á guitarra e desgrana fragmentos da "Oda al Rey de Harlem".)

MARGARITA: ¡Ay, Harlem, amenazada por un gentío de trajes sin cabeza!

Me llega tu rumor, me llega tu rumor atravesando troncos y ascensores,

a través de lágrimas grises, donde flotan los automóviles cubiertos de dientes,

a través de los caballos muertos y los crímenes diminutos,

a través de tu gran rey desesperado, cuyas barbas llegan al mar.

(Non máis voz, nen guitarra. Escuro.)

Carlos Oroza, deixounos este sábado. Non podíamos deixar de facerlle unha pequena homenaxe desde estas páxinas ao autor de Cabalum, amante de Whitman, de Poe, de Ginsberg, de Kerouac, de Novoneyra. Amigo e POETA. Suliñados na peza aparecen algúns dos seus versos. A ilustración é un acrílico do autor do artigo.