Hai mundos estraños e afastados que coñecemos perfectamente e mundos que temos onda nós que son tan inexplorados como os aneis de Saturno. Sabemos de memoria como é a vida nas cidades grandes, pequenas e medianas dos Estados Unidos, as torradas baixo o sol do sur e os que sepulta a neve no inverno no norte. Poboacións dun cento de milleiro de habitantes que son un par de rúas comerciais, un hotel e logo centos de casas de madeira con xardín dianteiro e traseiro, ciscadas por un mar de estradas. E en todas as cidades hai dependencias universitarias, escolas ou facultades, e quen non pasou por elas mandou aos fillos, ou coñece unha profesora. E non hai mundo máis descoñecido ca ese.

Eu escríbolles desde Michigan, en concreto desde a Universidade de AnnArbor, e asegúrolles que todo é como sabemos. Mesmo eses edificios das fraternidades (Kapa Pi, e todo iso) onde inventaron as "festas toga" e outras formas de recuperación da orxías romanas destilan ese aire violencia latente baixo un elegante pijerío co que as describe ultimamente o cine. A única diferencia é que isto non é o norte, a pesar de que a próxima Detroit estea separada de Canadá por una ponte (transitada sempre por vellos que van mercar medicinas e por mozos que van beber, cadaquén a súa droga). É o medio oeste. Ao parecer en EEUU non hai norte. E a outra é que este mundo tamén é un pano: no traxecto do aeroporto de Detroit a AnnArbor vin un coche conducido pola nai dun compañeiro de xogos do meu fillo en Panxón.

O planeta estraño é a universidade. Vin convidado ao II North American Symposium of Galician Studies, que organiza unha viguesa, Cristina Moreiras, que leva o departamento de Castelán e Portugués en AnnArbor. Viña no paquete de escritores como Miguel Anxo Murado, Suso de Toro, María Reimóndez, Pemón Bouzas; xente da imaxe como Lois Patiño, EloyEnciso, Felipe Lage e Manuel Sendón e con BieiroRomero, de Luar na Lubre, como complemento musical. A maiores do secretario de Política Lingüística, Valentín García, que veu inaugurar e foise de retén porque a plana maior da cultura collía rumbo á feira de Bos Aires. Ata aquí normal, fomos estes como podían ser outros (aínda que agradezo infindo á organización que foramos estes).

O que foi a descuberta de (Norte)América é a cantidade de xente, galegos e non galegos, que fai estudos sobre a cultura de Galicia, tradicional e do trinque, nas máis prestixiosas universidades USA: RyanGoodman (Princeton) que falou de Galicia Caníbal: Un paisaje en transición. AlejandroAlonso Nogueira (BrooklynCollege), A nosa terra xa non é nosa. Sobre o esquecemento daslinguaxes políticas da transición. NeilAnderson (Texas Tech University) SubversiveCastrapo: Luz Pichel's'Cativa en sulughar'. Diógenes Costas-Currás (University of Massachussetts) Collective Popular Music: From Voces Ceibes to Dios Ke Te Crew(cantos profesores coñecen aquí a Dios que te Crew?). Maria Elena Soliño (Houston), Literature, Madness, andthe Works ofVincent Van GoghinManuel Rivas's'Os comedores de patacas': Galician CulturalStudiesin a TransnationalContext (María Soliño é de New York, pero a avoa era de Cangas,). Pero o colmo do exotismo era a profesora moscovita EkaterinaVolkova (University of Auckland, Nova Zelandia), admiradora de A esmorga, libro e película que falou de ¡Se chove, que chova!: La lluvia como una seña de identidadgallega. Foi a ponencia máis polémica. Todos os citados e máis debatendo sobre se a chuvia é un sinal de identidade ou non. A universidade é un mundo raro.