Os lectores de LA OPINIÓN pudieron seguir en directo, a través da emisión en ´streaming´, por primeira vez a gala dos Premios de Música de Raíz que este ano celebrou a súa XIV edición a partir das oito e media no teatro Rosalía. A cita anual para os amantes da música de raíz contou este ano, como unha das súas principais novidades, coa condución do popular actor e humorista Carlos Blanco, ademais das actuacións dos máximos expoñentes da música folk.

Por primeira vez, LA OPINIÓN emitíu en ´streaming´ a través da súa web a gala para coñecer de primeira man quen será o gañadores á mellor canción orixinal, o mellor disco e mellor artista.

Outro dos pratos fortes da gala dos XIV PREMIOS OPINIÓN foron os míticos Berrogüetto que volveron subir ao escenario, tras a súa retirada o pasado ano, para recoller o galardón Andaina Senlleira, unha mención que recoñece a súa traxectoria e achega á música de raíz galega.