A igrexa de San Martiño de Cores estrea nova imaxe coa restauración deste ano

A Xunta investiu uns 148.745 euros nas reparacións de elementos en mal estado deste templo de Ponteceso como a cuberta, as fachadas ou a torre, ademais de traballos nos paramentos interiores

27.12.2015 | 00:34
Vista exterior da igrexa de San Martiño de Cores despois da restauración.

A igrexa de San Martiño de Cores da localidade coruñesa de Ponteceso estreou este ano nova imaxe coas obras de restauración iniciadas a finais de xaneiro e rematadas en xullo nas que a Consellería de Cultura e Educación Universitaria investiu 148.745,70 euros.

As actuacións que se realizaron tiñan como obxectivo a restauración do templo, actuando sobre diversos elementos do mesmo que se atopaban en mal estado, tales como a cuberta, as fachadas, a torre, ou os paramentos interiores. Tamén se incorporaron novos elementos construtivos para mellorar as condicións de conservación do ben, tales como unha drenaxe perimetral exterior ou un canlón.

Os traballos foron deseñados polos arquitectos Juan Manuel Doce Porto e Ducemaría Trigo Cousillas que logo levaron a cabo a empresa Construcciones Cando SL, adxudicataria do proxecto, baixo a dirección de Félix Suárez Riestra.

Entre as principais actuacións destacan o levantamento de parte do pavimento para drenar o perímetro exterior; a sustitución das tellas vellas da cuberta e o fibrocemento por unha placa de onduline rematada con tella curva ou a disposición de canalóns e baixantes de cobre no perímetro da cuberta. Tamén se sustituiu a cuberta da casa reitoral, mesmo a súa estrutura de madeira.

As obras incluían ademáis a limpeza e o rexuntado dos paramentos exteriores -incluindo a torre e interiores- e das canaletas exteriores de recollida de augas. Os traballos abarcaron as reparacións e reposicións de elementos da igrexa como as gretas que apareceran en paramentos exteriores e interiores, as varandas de balaústre e metálicas do campanario e os pararraios.

Os operarios tamén restauraron a campá e as carpinterías en portas e ventás e colocaron dous aerotermos e bancos no adro. Por outra parte, tanto no exterior como no interior do templo restaurouse a instalación eléctrica e picaronse revocos de cal en mal estado que foron sustituidos por outros do mesmo material nos muros de cachotería. No interior tamén se pintou ao silicato.

Algunhas destas actuacións na igrexa de San Martiño de Cores de Ponteceso levadas a cabo pola Consellería de Cultura realizaronse con control arqueolóxico. O subsolo do ámbito inmediato á igrexa está constituido por un solo natural dun só nivel pouco profundo, cuberto no lado sur e na zona do atrio por un recheo.

Ambos niveis foron removidos polos procesos construtivos e de inhumación asociados ao uso da igrexa nos seus diferentes momentos. Como resultado da intervención, exhumáronse os restos de dúas cimentacións atribuíbles aos laterais norte e sur dunha edificación que, coa mesma anchura e orientación que a igrexa, aparece cortada no seu lado norte pola construción da esquina noroeste da fachada barroca actual, mentres que no seu lado sur serve de base aos cimentos da esquina suroeste da fachada. Ditos restos prolónganse con dirección oeste baixo o enlosado do atrio da igrexa.

Os materiais arqueolóxicos achados, tégula e ladrillo de tipoloxía romana, apareceron na súa totalidade en posición secundaria, amosando diferentes graos de rodaxe e sen que poidan adscribirse a ningunha unidade estratigráfica concreta, debido á remoción do subsolo.

A información sobre estes achádegos deixa dúas posibilidades. Por unha parte, que se correspondan cos restos dunha antigua basílica cristiana do século IX mencionada no tumbo de Sobrado no lugar do edificio actual debido á coincidencia da súa disposición respecto as cimentacións da igrexa.

E por outra, que pertenzan as cimentacións dunha construción de época tardoromana, como podería indicar á presenza de materiais construtivos deste periodo (tégula e ladrillo), relacionable tamén coas evidencias da ocupación do ámbito nesa época documentadas nunhas sondaxes realizadas no ano 2009 na zona da horta da casa reitoral.

Ademais dos traballos de restauración executados entre os meses de xaneiro e xullo deste exercicio, o pasado outubro remataron tamén as actuacións para conservar con carácter urxente o retablo do lateral da Virxe do Carme, que contou cun investimento de 3.870,29 euros. Aparte de limpar o retablo, nesta reparación desmontouse o ático, sustituironse as ancoraxes antigas e colocaronse os elementos soltos e a fornela esquerda.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine