A través dun obxecto tan común coma un tirador de cervexa para hostelería, a exposición Galicia 100 tenta poder explicar a historia de dúas das empresas máis importantes da comunidade galega: a cervexería Hijos de Rivera e a factoría de Sargadelos.

A mediados da década dos anos 90, a empresa Hijos de Rivera -produtores da marca Estrella Galicia- encárgalle a Sargadelos a elaboración dun tirador de cervexa na súa fábrica. Isaac Díaz Pardo non o dubida e propúxolles un tirador-esfinxe. O tema da esfinxe -un ser mitolóxico con cabeza e busto de muller- acompañou a Díaz Pardo o longo de toda a súa carreira. De feito xa nos anos 70 realizou unha colección de esfinxes con diferentes motivos e dirixidos a artistas, poetas, namorados ou demagogos, segundo o Consello da Cultura Galega. Formalmente este tirador de cervexa que Díaz Pardo deseña para Estrella Galicia difiere pouco das pezas dos 70.