Ciruxáns do Hospital General de Massachusetts en Boston anunciaron onte a realización con éxito do primeiro trasplante de pene en EEUU nun paciente que perdeu o órgano por un tumor. Trátase da segunda operación deste tipo que se efectúa no mundo, tras unha similar en 2014 en Sudáfrica.

Nesta ocasión, o paciente Thomas Manning, de 64 años, recibiu o trasplante dun doante falecido tras quince horas de intervención dirixida polo urólogo Dickens Ko. Este facultativo sinalou que a intención primordial da intervención quirúrxica non era manter a función reproductiva, aínda que o doente podería recuperala en varias semanas ou meses.

O ciruxano Curtis Cerulo, un dos integrantes do equipo, indicou que o doente poderá ouriñar con normalidade nunhas semanas. Os doutores tamén recordaron que a resposta do doente á terapia inmunodepresora para evitar o rechazo será clave para o éxito da intervención. O doutor sinalou que Manning, que se operou a comezos da semana pasada, atópase en bo estado de saúde e optimista.