'Ribeiras de Salitre' adica o seu programa de hoxe na TVG ao porto de Pontedeume

A canle autonómica ofrece unha nova emisión do espazo que presenta Rivadulla Corcón - Testemuñas de mariscadores, peixeiras e mariñeiras protagonizan a entrega

26.06.2016 | 02:53
Rivadulla (dereita), con Lolo Placer.

Na ría de Ares, nun mar que chaman do Parrulo, atópase o porto de Pontedeume. Nel traballan 65 homes e mulleres, entre mariscadores e mariñeiros. Os mariscadores andan á ameixa e o berberecho. E os mariñeiros traballan o cerco e principalmente as nasas do polbo, nécora e camarón. O equipo de Ribeiras de Salitre, programa de Producións Celta que emite a TVG, adica a edición de hoxe a este enclave.

Unha das protagonistas é Laura Carreño, unha muller que naceu entre peixe, porque a súa avoa xa era peixeira, e tamén a súa nai. Outro convidado, inda que xa retirado do mar, é Lolo Placer, que andou toda vida no mar. El é un gran construtor de maquetas de barcos.

Neste porto, ademais, resoa a música das rapazas de Faltriqueira, un dos grupos destacados da musica galega. Un grupo que está a recuperar toda unha tradición de música tradicional cun estilo moi festivo e desenfado. Un verdadeiro encanto de mulleres que cativa, e que ademais, dúas das súas compoñentes, Ana e María tamén se animaron a cociñarnos unha robaliza. E abofé que cantar cantan ben e cociñar tamén se lles da moi ben.

Javi Seijo é un mariñeiro novo pero que xa coñece os segredos do mar do Parrulo, así denominase a zona da ría de Ares que baña a ribeira de Pontedeume. Con Javi saímos a navegar, para coñecer a ría e conversar sobre o xeito particular que ten el de traballar este mar.

E non podiamos deixar de visitar a un vello lobo de mar, Antonio Fernández, que coñece o mar dende oficios moi diferentes, andou ao marisqueo e á pesca en Pontedeume, e traballou tamén de bombeiro en buque petrolíferos. Nun deles o Bonifaz tivo unha moi mala experiencia, porque o barco ardeu fronte ao cabo de Fisterra.

A pesca do cerco é a que máis se practica en Pontedeume. O patrón maior, Manolo Puentes, dedícase ao cerco, e con el tamén imos saír ao mar.

Ademais de Rivadulla Corcón, o presentador, traballan neste proxecto Noelia López, Sika Lamas, Alba Sotelo e Noel Queipo, ademais de Jaime Fernández, Diego Beltrán, Sara Allú, Oscar Galansky, David Ramos e Yago Torres.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine