A TVG retransmitirá mañá pola noite en directo os fogos do Apóstolo

As cámaras da canle pública galega tamén estarán na Porta Santa, na praza do Obradoiro e no Hostal dos Reis Católicos

23.07.2016 | 01:09
Un momento dos fogos do Apóstolo de 2015.

Os fogos do Apóstolo son, cada 24 de xullo, unha cita obrigada para a Televisión de Galicia (TVG). Coma todos os anos, mañá pola noite a canle pública ofrecerá un programa en directo co ambiente que se vive en Santiago de Compostela na véspera do día grande de Galicia. O especial Fogos do Apóstolo 2016 emitirase en directo desde a praza do Obradoiro e dará comezo ás 22.00 horas. Estará presentado por Cristina García e incluirá o espectáculo pirotécnico, a partir das 23.30 horas.

Ao longo do programa estableceranse conexións con distintos puntos de Compostela, como o Hostal dos Reis Católicos, onde se celebrará a tradicional Cea dos Fogos, ou a propia praza do Obradoiro, para falar cos asistentes que agardan o comezo do espectáculo pirotécnico. A TVG recollerá a emoción dos peregrinos que rematan o Camiño e descubrirá que levan nas maletas cando volven aos seus lugares de orixe. Tamén amosará aos espectadores o Pórtico da Gloria con todo luxo de detalle. Aproveitando as estadas das obras de restauración da peza máis emblemática da catedral de Santiago de Compostela, as cámaras da canle pública amosarán ao espectador ao detalle esta obra do Románico, con todo luxo de detalle.

As cámaras da TVG tamén atravesarán a Porta Santa, aberta este ano por ser Xubileo da Misericordia. Así mesmo, entrarán no museo da Catedral, na cociña do Hostal dos Reis Católicos e na suit real, que conta cunha decoración especial por mor da festividade do Apóstolo. No apartado musical, a canle pública emitirá en primicia unha versión moi especial de A Santiago vou, de Los Tamara, feita por De Vacas, e unha reportaxe sobre a rodaxe da nova produción que prepara a canle pública O final do camiño.

Os Fogos do Apóstolo 2016 inclúen o lanzamento de 24.000 artefactos -a meirande explosión de lumes ata a data-, actuacións teatrais e unha proxección audiovisual en 360º, consistente nun videomaping. O espectáculo contará con catro bloques temáticos e durará preto de media hora, con dez minutos íntegros de pirotecnia. O primeiro apartado temático tratará sobre as orixes de Santiago de Compostela; o segundo, será unha alegoría do Apóstolo; o terceiro, un paseo astral pola cidade que acolle a Catedral, e, o último, un repaso ás personalidades ilustres de Compostela.

A canle pública galega tamén retransmitirá a Entrega de Medallas de Galicia, que a Xunta concede a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galicia. Este ano, as distincións serán para o arquitecto do Carballiño Manuel Gallego Jorreto e o pintor e escultor de Cambados Francisco Leiro Lois. Tamén serán premiados o tradutor e crítico literario de Láncara Basilio Losada Castro e o grupo ourensán de rock Los Suaves.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Javier de Toro, jefe del servicio de reumatología del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña, responderá a preguntas de los lectores este jueves a las 11.30

 

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine