A TVG achégase á figura de Ana Kiro no sexto aniversario da súa morte

06.09.2016 | 00:49

Cunha nova edición da serie de especiais Inimitables, a Televisión de Galicia (TVG) homenaxeará hoxe a Ana Kiro, cando se cumpren seis anos do seu falecemento. Lembrada aínda como unha das estrelas máis admiradas da canción galega, o espazo da canle pública visitará a súa casa de Mera, en Oleiros, para conversar cos seus familiares, fans e amigos, coñecer mellor como era como persoa e como profesional e descubrir como chegou a converterse en mito, nunha "inimitable".

O Inimitables dedicado a Ana Kiro tamén lles ofrecerá aos espectadores da Televisión de Galicia actuacións, con temas da cantante, interpretados por Lucía Pérez, Eva Iglesias, Tonhito de Poi, Marietta e Fernando Marán, ademais dalgunhas das súas emblemáticas interpretacións.

A traxectoria vital de Kiro levouna de Arzúa a Barcelona e de volta a Galicia cunha filla e separada moi nova do seu primeiro marido. Despois de pasar anos difíciles soa, foi na súa terra onde coñeceu o seu grande amor, Carlos Rivero, que lles amosará ás cámaras da TVG algúns dos que foron os seus recantos favoritos. No salón da súa casa, Carlos charlará co seu grupo de amigos íntimos: Manuel, o cura de Mera, que celebrou a súa voda relixiosa 25 anos despois da voda civil; Pili, que ademais de amiga foi a súa estilista; e César, o médico de cabeceira de Ana desde os tempos vividos en Barcelona, entre outros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine