A Asociación de Actores e Actrices de Galicia anunciou onte os nominados aos XXI Premios María Casares, a gran festa do teatro galego, cuxa gala se celebrará o próximo 29 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. O tolleito de Inishmann, coprodución de Contraproducións e o FIOT Carballo, converteuse neste 2017 na produción con maior número de finalistas ao obter un total de once nomeacións. Pola súa banda, Eroski Paraíso,Eroski Paraíso de Chévere, aspira a oito galardóns, e Raclette,Raclette de Ibuprofeno Teatro, opta a cinco premios. Estas tres producións teatrais disputaranse os apartados ao mellor espectáculo e dirección. Voaxa e Carmín,Voaxa e Carmín de ButacaZero, tamén aspira a levar cinco premios María Casares, mentres que Foucellas, de Talía Teatro, competirá en tres categorías.

Os espectáculos A nena que quería navegar, de Redrum Teatro, e Os amores de Jacques o fatalista, de Producións Teatráis Excéntricas, optan a dous María Casares. Finalmente, aspiran a acadar un galardón Xurdefet (Jour de Fête)Xurdefet (Jour de Fête, de Berrobambán; Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro; Tartufo, do Centro Dramático Galego; Get Backde Eme2 Producións; Danza da Choiva, de Elefante Elegante, e Os Rockenstein, de Malasombra Producións.

Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios María Casares déronse a coñecer onte na Festa dos Nomeados. O Salón Teatro de Santiago acolleu ese acto, presentado pola actriz e vogal da Asociación de Actores e Actrices de Galicia Nieves Rodríguez, ao que acudiron a maior parte dos profesionais finalistas deste 2017. Rodríguez destacou na súa presentación que durante a inscrición aos galardóns un total de 44 espectáculos e ao redor de 400 profesionais presentaron as súas candidaturas, sendo as cifras rexistradas máis altas ao longo da historia dos María Casares.

Un total de trece espectáculos acadaron algunha nomeación nos catorce apartados nos que se dividen os María Casares: maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación-tradución, texto orixinal, escenografía, actriz secundaria, actor secundario, actriz protagonista, actor protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

Na Festa dos Nomeados participaron, ademais, os representantes dalgunhas das diferentes institucións que colaboran na organización dos premios: a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación Aisge e a Fundación SGAE. Deste xeito, entregáronlles aos nomeados os diplomas o director da Agadic, Jacobo Sutil; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; a coordinadora da Delegación Aisge (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), Yolanda Pereira, e a representante da Fundación SGAE Patricia Blanco.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Ernesto Chao, salientou na súa intervención a alta participación deste ano e a calidade dos espectáculos.