O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou onte a gala da XVII edición dos Premios do Colexio de Arquitectos -Premios COAG-, onde se concederon as distincións ás mellores obras arquitectónicas e urbanísticas de Galicia. Entre os traballos galardonados, atópase a reforma e ampliación de centro docente-asistencial Down Pedralonga, en A Coruña, levada a cabo por José Luis Martínez Raído e Emilio Rodríguez Blanco, na categoría de Equipamentos, onde tamén se recoñeceu a Construción centro actividades mariñeiras e cabanas do barranco Ousesende, en Outes, obra de Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñares Túñez.

Na categoría Vivenda, os Premios COAG recaeron nunha Vivenda unifamiliar illada, en Cabanas, deseñada por Fernando Martínez López e Miguel Carballido Pensado; e na Cooperativa de vivendas Galeras Entrerríos, en Santiago, de Manuel Carbajo Capeáns, Celso Barrios Ceide (Carbajo y Barrios Arquitectos Asociados, SLP); na de Rehabilitación, o galardón foi para a Casa da Viña, en Allariz (Ourense), de Seara Peleteiro Arquitectos. Juan Seara Oro; na de Deseño urbano, gañou o Miradoiro de Pedra da Rá Monte Castro, en Riveira, de Carlos Seoane.

Ademais, o Premio COAG na categoría de Obras de reforma e interiorismo recaeu no Despacho de heladería Rúa Alférez Barreiro, en Baiona, deFaustino Patiño Cambeiro e Juan Ignacio Prieto López e Andrea Fernández Fernández; mentres que na de Baixo custo foi para o proxecto Chic&Cheap, en Noia, de Martín Insua Calvo e José Barreiro Carreño; en na de Longametraxe documental, para A Seara, de Jorge Gómez Cereijo, Alberte González Rodríguez, Manuel López Guitar e Jorge Salvador Fernández (GAU arquitectura e urbanismo SLP). As categorías de Arquitectura efémera e Arquitectura novel quedaron desertas.

Durante a gala, presentada polo actor e humorista galego David Amor, o decano do COAG, Antonio Maroño, solicitou unha atención ao detalle das peculiaridades do traballo dos arquitectos e a convocatoria de consursos públicos para que profesionais sen experiencia laboral poidan desmostrar a súa valía ou arquitectos que, pola situación de crise económica dos últimos anos, non crearon obra. Pola súa parte, o vogal de Cultura, Cristóbal Crespo, explicou que as obras participantes nesta edición dos premios son arquitecturas "sensatas, económicas na forma e nos materiais, atentas á paisaxe e á tradición, pero decididamente proxectadas cara o futuro e feitas desde a convicción, o oficio e o sacrificio".