Galicia celebrará hoxe a vida e obra de Carlos Casares levando a súa palabra e o seu recordo a través de todo tipo de actos que se estenderán ao longo de toda a xeografía galega, como recitais, actuacións musicais, exposicións e ata unha concentración moteira. O municipio de Xinzo de Limia, en Ourense, será o epicentro. Ademais da sesión extradordinaria da RAG haberá os actos institucionais na Praza Carlos Casares, onde se descubrirá unha placa conmemorativa, realizarase unha interpretación do himno galego a cargo da banda de gaitas municipal, realizarase unha lectura de textos do autor e unha breve actuación de María do Ceo. O programa conmemorativo da localidade contará tamén cunha feira do libro en galego, un roteiro Carlos Casares, teatro infantil e unha concentración de Harley Davidson, lembrando a gran afección polas motos do homenaxeado.

Santiago acollerá a tradicional manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego en defensa do idioma galega, que sairá da Alameda coa lema En galego sen límites. Na Coruña, pola súa banda, celebraranse obradoiros, concertos, palestras e recitais poéticos, no marco dunha programación de 42 actividades organizada en colaboración con 12 librarías da cidade.