O escritor ourensán Carlos Casares será distinguido coa Medalla de Ouro da provincia de Ourense, segundo anunciou onte o presidente da Deputación Provincial, José Manuel Baltar, na clausura do acto conmemorativo do Día das Letras Galegas 2017, dedicado a Carlos Casares, que tivo lugar onte en Xinzo, onde tamén se reuniu o pleno da Real Academia Galega.

Baltar avanzou que hoxe mesmo firmará a providencia para iniciar o expediente para a concesión de dita distinción a título póstumo, iniciativa que será levada ao pleno do presente mes de maio da corporación provincial.

Baltar afirmou na súa intervención que Ourense "é un feito literario engrandecido polo seus escritores, como dixo Casares, quen universalizou o modo de narrar e abriu camiños á literatura galega", e remarcou que para a provincia de Ourense "é un orgullo o labor creativo de fillos seus, como Carlos Casares, que fan país e fan Galicia".