A estremeña María Victoria Moreno protagonizará as Letras Galegas do 2018

A RAG destaca a labor de difusión da cultura desta mestra que foi pioneira na literatura infantil e xuvenil en galego. Marina Mayoral, Académica de Honra

18.06.2017 | 13:37
A escritora María Victoria Moreno, na súa casa.

A estremeña María Victoria Moreno será a protagonista do Día das Letras Galegas do vindeiro ano, segundo aprobou onte por maioría a Real Academia Galega (RAG) nun pleno ordinario. Desde a entidade resaltan a gran labor na difusión da lingua e cultura galega que tivo Moreno desde que en 1963 chegou a Galicia e como foi unha das pioneiras na narración en galego para o público infantil e xuvenil. "Non coñezo a ninguén tan comprometido coa causa da lingua galega coma ela que destacou pola súa labor de apostolado desde os anos 60", resaltóu o expresidente da RAG Xesús Alonso Montero, un dos promotores desta candidatura que acadou, en segunda ronda, a maioría dos votos, fronte os outros catro aspirantes que nesta ocasión eran Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas e Eusebio Lorenzo Baleirón. "É un recoñecemento a unha galega de nación consciente, é dicir, xente de fóra que se converte en nosa", engadiu o presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes.

Nada na localidade cacereña de Valencia de Alcántara en 1941 chegou a Galicia cando tiña 22 anos da man do seu marido, un home invidente "que era director do colexio de cegos de Pontevedra", segundo recordou onte Alonso Montero. Pese a que o galego non foi a súa lingua materna, rapidamente converteuse nunha grande defensora deste idioma que ensinaba nas clases semiclandestinas que impartía nos anos 70 en Pontevedra, Vilagarcía e Ourense.

Ademais aproveitaba as súas clases oficiais de Lingua e Literatura españolas en institutos para "transmitir a paixón pola lingua e cultura galegas". Precisamente desde a RAG destacan que gracias a adicarlle o Día das Letras, a cidadanía coñecerá como moitos dos seus alumnos convertéronse en célebres autores como o poeta Xesús Rábade Paredes ou a escritora Fina Casalderrey.

Para a elección de Moreno -a primeira muller en dez anos desde que en 2007 se adicara o día a María Mariño- a RAG tamén tivo en conta a súa influencia na literatuta galega coas súas obras, especialmente as dirixidas a nenos e mozos, pero que abarcan tamén o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua. A estremeña estreouse en galego coa obra Mar adiante en 1975 o que a converteu nunhas das pioneiras na literatura infantil e xuvenil en galego. "As veces parece que as narracións infantís ou xuvenís son de segundo nivel, pero para nada. Un exemplo é o Lazarillo de Tormes e a obra desta autora", resaltou Alonso Montero.

O pleno ordinario da RAG tamén aprobou designar Académica de Honra a escritora Marina Mayoral. "Destaca a súa extensa obra (18 novelas, sete obras de narracións breves e sete ensaios, un deles sobre Rosalía) e pola súa difusión da cultura galega en universidades de varios países", sinalou Xosé Luís Franco. Ademais no pleno aprobouse designar sete novos académicos correspondentes: Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar y Helena Zernova.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine