Os espectadores da Televisión de Galicia (TVG) teñen hoxe unha nova cita co humor en Land Rober Tunai Show, que unha vez máis ofrecerá os sketchs e os retos máis divertidos con Roberto Vilar, Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias. Este xoves visita o programa o pentacampión do mundo de motociclismo Jorge Lorenzo, que coñecerá os personaxes máis legais da televisión: os Gorrillas. E isto non é todo, xa que os Xubilados polo Mundo van a Turquía. A que lles espera a Concha e Manolo nesta viaxe! Ademais o público vivirá en directo un novo asalto da gran Marisol.