A rúa Fonte de San Andrés discorre dende a rúa Real ata a rúa de San Andrés, onde desemboca fronte á igrexa do mesmo nome. O nome da rúa Fonte (ou fuente) de San Andrés xa figuraba no rueiro coruñés nos tempos de María Pita, como testemuñan os planos históricos da cidade, e dende entón chamouse así ata a Guerra Civil, cando os golpistas decidiron porlle General Mola. Malia iso, os veciños da zona seguimos a usar o nome histórico como humilde símbolo mudo de protesta durante os anos da ditadura e ata o día de hoxe, mesmo nos nosos documentos de identidade.

Coa aprobación en 2007 da Lei da Memoria Histórica abríuse a posibilidade de restituir o nome histórico da rúa, sen que o Goberno Municipal do PSOE e BNG chegara a facelo. Eu persoalmente solicitei no Concello o 22/01/2009 a reposición do nome sen recibir resposta. O Goberno do PP tampouco fixo nada, así que volvín solicitar a restitución o pasado agosto. Finalmente, o 24/11/2015 os veciños recibimos a notificación do cambio de nome coa sorpresa de que lle ían pór á rúa o nome de Álvaro Cebreiro e á praza situada a carón dela o de San Andrés, sen que os veciños teñamos noticia de qué motivos levaron a tomar esta decisión na vez de respectar o mome histórico da rúa, que xa era de uso común entre nós e deste xeito perderíase para sempre.

En troques, a praza situada entre as rúas Arco e Fonte de San Andrés, nunca tivo nome (chámanlle indistintamente praza do Arco, da Fonte de San Andrés ou do General Mola) e non ten moito sentido darlle o de San Andrés, xa que logo xa o leva a gran rúa que preside a zona. Polo que esta si que podería levar o nome do ilustre dibuxante e ilustrador coruñés como praza de Álvaro Cebreiro.

A reposición do nome histórico da rúa Fonte de San Andrés sería de xustiza como homenaxe á memoria histórica de todos os que tivemos que aturar durante 40 anos de ditadura e outros 40 máis de democracia, o aldraxante nome de General Mola.

Así llo transmitín ao alcalde nun novo escrito que presentei o día 26 do mes pasado e espero que a miña proposta sexa atendida, xa que logo despois de 80 anos ben podemos esperar uns poucos días máis para que se rectifique a decisión do Concello a satisfacción da maioría.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.