Cando falamos das dificultades para aplicar a Lei da Memoria Histórica, comparamos a España con Alemaña, onde están prohibidas todas as manifestacións públicas do nazismo, e preguntámonos por que aquí non o están as do franquismo.

A resposta é evidente: O nazismo foi derrotado na II Guerra Mundial e foi condenado por tribunais internacionacionais ao final da contenda, namentres que o bando franquista gañou a Guerra a Civil e instaurou una ditadura que durou case 40 anos. A democracia chegaría tras da morte do ditador cun pacto entre os sectores aperturistas do réxime e a oposición. Por tanto, o franquismo non foi derrotado nin condenado. Agora, estase a estender una tendencia revisionista que pretende deslexitimar a Segunda República para xustificar o golpe de estado de 1936, cando a realidade é que, con todas as súas eivas, foi unha democracia, na que alternaron no poder dous gobernos de esquerdas e un de dereitas, que superou en 1932 unha tentativa golpista e, en 1934, una revolución en Asturias máis una tentativa independentista en Cataluña.

A Guerra Civil (1936-1939) foi o preludio da II Guerra Mundial e o bando franquista gañouna co apoio da Alemaña nazi e da Italia fascista. Cando as potencias aliadas venceron a estes países en 1945 non fixeron nada para repoñer a democracia en España que quedaría relegada dos países da súa contorna. Este é un feito indiscutible polo que Francia, Reino Unido, Estados Unidos, Alemaña e Italia teñen una débeda histórica co noso país, que nunca se menciona á hora de negociar con eles.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.