Hai uns días achegueime por primeira vez, e moito me temo que por última, á Cidade da Cultura no Gaiás de Santiago. Quixen visitar a exposición Castelao Maxistral e ver o cadro A derradeira leición do mestre antes de que regrese de novo ao Centro Galicia de Bos Aires.

O presidente da Xunta emocionouse na presentación desta obra traída dende Arxentina. Un óleo que Alfonso Rodríguez Castelao pintou para denunciar os crimes que en España estaban cometendo un grupo de asasinos dos que Feijóo é herdeiro. O discurso de inauguración foi infumable e vergoñento. Recorreu a mil subterfuxios para tapar a realidade: que persoas coma él foron os responsables de desterros como o de Castelao e de milleiros de mortes como a de Alexandre Bóveda, o mestre fusilado.

Nada máis entrar na Cidade da Cultura puiden percibir que todo aquelo se reduce a un mausoleo persoal. Ao egocentrismo dun gobernante franquista que non dubidou en enterrar feixes de cartos (e donde se seguen enterrando) ao tempo que mariñeiros, gandeiros ou labregos languidecen por falta de axudas. Mentres os galegos emigran para non morrer de fame Fraga constrúe unha obra faraónica para acementarse na posteridade.

Vin os edificios recubertos de pedra traída de Brasil a precio de ouro mentras as nosas canteiras están cheas de toxos. Acordeime dun empresario de recubrimentos de edificios que, xunto co patrón do Bribón da súa maxestade o Rei, recibiron a medalla Castelao de prata de mans do propio Manuel Fraga. Ese mesmo ano as familias dos falecidos no accidente da fragata noruega Roal Amundsen recibíronas de cobre.

A exposición de Castelao é un oasis no medio daquel despropósito. Encaixaría mellor nun pequeno local de calquer rúa de Santiago. Pero hai que buscarlle excusa aos centos de ferrados do monte da ignominia.

A morte do profesor foi a derradeira lección para aqueles dous nenos.

O exilio de Castelao debería de selo para todos nós. De momento, este día só vin visitantes absortos no colorido da pedra brasileña e na grandiosidade da obra. A ninguén parece importarlle que o noso galego máis ilustre fique no bandullo dun monstro secuestrado polos verdugos do mestre.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.