Síguenos en redes sociales:

Conselleiro de Medio Ambiente e Territorio

O primeiro pago do ofimático será en 2013

-Xa pagou a Xunta as cuotas do ofimático?

-Negociamos co Concello un axuste por cuestións administrativas da liquidación desas cuotas. É un tema que creo que temos resolto co Concello e no momento en que teñamos correctamente emitidas esas cargas neste exercicio 2013 temos orzamento en Xestur para facer fronte ao primeiro pago. Contando o adianto que fixo Xestur dos traballos técnicos e unha serie de cuestións, que hai que repercutir na totalidade dos actores do ámbito, estamos en algo menos de 2 millons de euros que faremos fronte.

-Os orzamentos teñen 5,76 millóns para iso.

-Serían para atender ás cuotas que temos pendentes de liquidar en función desa asignación correcta a Xestur e atender ao resto das cuotas que se poidan producir. Estamos pendentes de que os cooperativistas poidan iniciar a xestión dos seus ámbitos concretos para que eles ingresen en Xestur a previsión que hai nos contratos de venda. Gustaríame salientar neste ámbito o esforzo de Xestur para traballar coas cooperativas nesa etapa transitoria onde tivemos que xestionar o expediente de reversión. Asumimos os gastos de xestión e compensamos ás cooperativas. Lóxicamente eles tiveron o prexuicio do retraso como consecuencia dese procedemtento de reversión.

-Tiveron a primeira sentencia a favor.

-Satisfáceme comprobar que a tramitación que fixemos desa reversión está sendo ratificada polos xulgados. Determina que esa tramitación foi a correcta, que procedía a fórmula que usou a Xunta e non a da compensación económica. Creo que co paso do tempo acadaremos o obxectivo que non é outro que se poidan desenvolver esas 1.500 vivendas, una parte importante de cooperativistas, que aínda que con moitos problemas, posto que sabemos que o acceso ao crédito é un problema, están en condicións de obter licencia e iniciar as obras.

"A residencia terá o noso apoio pero non contará coa nosa achega financeira". O conselleiro destaca que xa teñen feito un "esforzo cuantificable" de seis millóns de euros" para terreos e proxecto. "Cremos que o deseño previsto é un deseño que podería traer un investimento no seu mantemento inasumible", engade. Din que apoiarán a universidade se quere facelo pero non con cartos. Recorda que ofreceron ao reitor facela a través dunha concesión, como en Ourense ou Vigo pero que se rexeitou. "Criamos que era posible, pero agora habería que analizar a situación financieira porque non é a mesma que no 2009", manifesta, "nese ano trasladamos ao reitor un prego para facer unha licitación e sacar a concurso, condicionada á explotación da residencia, a un número de prazas libres para estudantes europeos, a que os presos fosen públicos?".

Pulsa para ver más contenido para ti