O Claustro da Universidade aproba a xestión de Abalde sen votos en contra
Abalde defende que a entidade recupera "pouco a pouco" o terreo perdido na crise
O Claustro aprobou onte sen votos en contra a xestión do reitor, Julio Abalde, durante o ano 2017, con 53 votos a favor e 16 abstencións. O reitor agradeceu onte a participación no debate e o ton "construtivo" e "sosegado" das persoas que interviron e defendeu que, durante o curso pasado, a Universidade puido "dar pasos importantes" no desenvolvemento do plan estratéxico da Universidade. Asegurou tamén que "a mellora do escenario económico e o cambio de tendencia dos orzamentos" permitira "ir recuperando pouco a pouco o terreo perdido nos peores anos da crise". Abalde defendeu que a racionalización das infraestruturas da Universidade redundaran nunha maior axilidade e eficiencia do sistema.
No seu discurso, o reitor avanzou que A Universidade da Coruña incrementará a partir do vindeiro curso a súa oferta de titulacións con dous novos graos: un de xestión de moda e outro, en Paisaxe. Estas incorporacións sumaranse aos "37 graos e 51 mestrados" que xa oferta a UDC.
A partir do vindeiro curso tamén abrirá a residencia universitaria, que ofertará 120 prazas para o seu alumnado. Abalde destacou onte a colaboración do Concello e da Deputación da Coruña para financiar obras como a propia residencia ou a reforma da pista de atletismo.
Durante o seu discurso, Abalde explicou que a intención da entidade é "estender canto máis sexa posible as relacións docentes, científicas e técnicas" co entorno socioeconómico, de xeito que máis de 500 alumnos fixeron prácticas.
Temas
Más en A Coruña
-
Tres concellos de A Coruña estrenarán los ‘Clubs de Saúde’ para pacientes con cáncer de la AECC
-
Ricardo Cao, un catedrático de A Coruña de puros datos
-
Aparcar en día de partido en A Coruña, una tarea complicada
-
Condenado a 11 años y diez meses de cárcel un hombre que atacó a su pareja con una navaja en presencia de sus hijos