"A intervención en vivenda pública é o obxectivo do plan de protección máis difícil de acadar"
Como concelleiro no bipartito foi o encargado de darlle relevo ao plan de protección de 1998
O Goberno do PSOE e o BNG tivo a Mario López Rico como concelleiro encargado de darlle relevo ao plan de protección de 1998.
-Por que fracasara o plan do casco histórico anterior?
-Fracasou porque non pretendía conservar, rehabilitar e dinamizar a vida do casco histórico. Aquel plan fora un éxito para o que pretendía: abrir zonas protexidas do centro da cidade á especulación e ao negocio inmobiliario.
-Con que espírito concebiuse o novo plan de protección?
-A idea era frear eses procesos de degradación, rescatar da piqueta o que queda, facilitar o mantemento da poboación, rehabilitar espazos, axudar á propiedade a resistir nas súas propiedades fronte ao desleixo provocado para inducir a ruína e compra por parte dos especuladores. Evidentemente, revisar a catalogación para aumentar a protección e conservación das pezas de alto valor e evitar a perda de carácter ambiental do resto.
-Que dificultades atopou o Concellería para tramitar o Pepri e catalogar os bens?
-O tempo foi a dificultade maior. O primeiro que fixemos foi, ante un Pepri obsoleto, impoñer rigor nas tramitacións. Era escandaloso que un plan permisivo nin sequera se estivese cumprindo no pouco que protexía. Fixemos a través de Emvsa, creada a instancia nosa, un levantamento topográfico de todas as fachadas. En colaboración coa Etsac e o COAG fixemos equipas para revisar o catálogo e actualizalo. Destaco a axuda enorme da Consellería de Vivenda, con Teresa Táboas, para a rehabilitación de espazos públicos no ámbito, como o Campo da Leña e a reurbanización de moitos espazos do Orzán, porque o adecentamento ía revitalizalos, cousa que en parte se deu.
-Cal dos obxectivos plantexados é máis difícil de acadar?
-A intervención en vivenda pública. Tentamos mercar edificios en ruínas para rehabilitalos e poñelos no mercado como vivenda social e para xente nova, pero os prezos de compra e a limitación de prezo taxado facía imposíbel a operación. Creo que iso acontece agora tamén.
-Vostede dixera en 2008 que a poboación do casco histórico estaba envellecida e moitos edificios deteriorados. Estamos nas mesmas?
-Si. As receitas están aí, pero o que faltan son medios e orzamentos. A administración municipal ten moitas trabas legais para actuar, pero creo que o fundamental é unha escaseza estrutural de medios.
Temas
Más en A Coruña
-
Un cine de A Coruña proyecta el estreno mundial de la nueva producción de Carmen en directo desde Londres
-
Un milleiro de rapaces da comarca coruñesa reuniranse este vernes no Correlingua na Coruña
-
Renfe realizará un viaje de simulación comercial entre A Coruña y Madrid con los nuevos trenes de Alta Velocidad
-
Un detenido por el incendio en un edificio ocupado de Palavea pasa a disposición de la Fiscalía de Menores